Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

MANUEL MARTÍNEZ, Alcalde de Becerreá
MANUEL MARTÍNEZ, Alcalde de Becerreá
Pleno Extraordinario

MARTÍNEZ: "Si desaparece esta Xunta do PP, en Becerreá non nos enteríamos"

No pleno extraordinario do 3 de novenbro deste 2011 o Partido Socialista amosou a súa preocupación pola situación creada pola Xunta do Sr. Feijoo coas súas politicas de austeridade e recortes sociais, que afecta a aqueles que mais o necesitan, ós nosos maiores e os dependentes.

Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

Con data 24 de outubro de 2011, o Concello recíbíu comunicación da Secretaría Xeral de Familia e Benestar de concesión de subvención ao abeiro da Orde de 3 de marzo de 2011, pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria. Para AXUDA NO FOGAR (PRESTACIÓN BÁSICA) conceden 4.505,06 € cando no ano 2010 se concederan 17.259,35 €, é dicir cun recorte de case 13.000 Euros.

Martínez espuxo ante todos os membros da corporación e os veciñ@s presentes na Sesión Plenaria os problemas os que se tiña que enfrontar nos vindeiros meses, véndose afectados ós mais de 50 beneficiarios da axuda no fogar e as suas familias, xa que o recorte da Xunta fará que nos meses de Novembro e Decembro esta asistencia veráse afectada e nalgun casos incluso eliminada.

Pero a pesar do recorte nos dereitos sociais da Xunta do PP, o Alcalde compremeteuse a "non deixar nin un só veciñ@ que o precise sen asistencia e axuda no seu domicilio, xa que a boa xestión económica e de recursos levada a cabo dende que o Partido Socialista dende que acadou o goberno municipal permitiralle poder ofrecer este servicio que debería prestar a Xunta, con recurso exclusivamente municipais a partir de xaneiro de 2012". Puxo a súa xestión en contraposición coa que leva a cabo a Xunta do PP, na que o seu único obxetivo é a austeridade, o recorte de dereitos sociais, eliminando os libros gratuitos nas escolas, eliminando centos de mestres, pechando colexos, privatizando a sanidade, etc...; facéndolle unha pregunta ó Portavoz do PP que este non soubo respostar: "con tanta austeridade e recorte na Xunta, ¿onde están os cartos?, ¿en que os invirten?".

Martínez tamén lle manifestou ós representantes do Partido Polular no Concello que para Becerreá e para os seus veciños, "se esta Xunta desaparecera, non notariamos a súa falta, xa que nos mais de 2 anos e medio que levan gobernado en Galicia, as inversión do PP no noso Concello son nulas, non recibimos nin un só euro que non lle tocase por lei; pero con este sectarismo non discriminan a Manolo Martínez e ó PSOE, senón que discriminan a tódolos  veciñ@s de Becerreá". Tamén retou a González Madarro (PP) a que lle dixese unha soa inversión que trouxera para o noso Concello, non respostando, xa que o silencio era a unica resposta posible.

O pleno finalizou coa votación PROPOSICIÓN DA ALCALDÍA RELATIVA AO FINANZAMENTO POLA XUNTA DE GALICIA DOS SERVIZOS SOCIAIS (descargar aquí), á que o BNG añadíu unha enmenda, mentres que o PP non aportou nin inha soa proposta. Foi aprobada por unanimidade, incluíndo o acordo:

1°.- Solicitar á Consellería de Traballo e Benestar:

- A relación dos beneficiarios con Resolución PIA, co número de horas subvencionadas de cada un deles, no presente ano.
- A aprobación da Resolución PIA para os beneficiarios valorados como dependentes, pola totalidade das horas que lles correspondan, para que o Concello poida prestar o servizo realmente axeitado ás necesidades destes usuarios.
- Pago a este Concello da cantidade de 16.536,96 Euros polos usuarios atendidos dentro do programa SAF prestación básica pero que deberían ter recibido Resolución do PIA.


2°.- Comunicar á Consellería de Traballo e Benestar que, no vindeiro exercicio, o Concello vai prestar as horas que sexan financiadas, e non a totalidade das sinaladas na Resolución PIA, e que, no caso de que non se incremente o financiamento do SAF, na modalidade de libre concorrencia, o Concello non asumirá a prestación do servizo aos dependentes valorados sen resolución PIA.


3°.- Dar traslado do presente acordo á:

- Sra. Conselleira de Traballo e Benestar.
-Sr. Presidente da Xunta da Galicia.
- Grupos do Parlame nto Galego (PP,PSG, BNG)
- Sr. Deputado- Delegado da Área de Benestar da Deputación Provincial de Lugo, aos efectos de que, se dispón de datos nesta materia, informe a este Concello da situación na que se atopan os demáis Concellos da Provincia.
- Sr. Deputado- Delegado da Área de e Asistencia aos Concellos, solicitándolle que polo Servizo de Asesoramento se emita informe sobre o alcance da obriga legal dos Concellos na prestación do servizo de axuda no fogar, nas modalidades de dependencia e libre concorrencia.

Otras Noticias

La ITV móvil agotó el horario disponible en Becerreá una semana antes de que se marche

La ITV móvil que llegó a Becerreá a comienzos de semana y estará hasta finales de la próxima, ya tiene todo el horario reservado y no podrá atender más peticiones de los propietarios de vehículos, según informó el alcalde, Manuel Martínez. Según parece, esta insuficiencia de tiempo ya generó una queja de propietarios de talleres, gremio que también resulta perjudicado. El mandatario municipal recordó que la Diputación aprobó la petición de dos ITV para Monterroso y Becerreá, y fue llevada al Parlamento. Pero la Xunta respondió que cuando va allí una estación móvil, cubre la mitad del tiempo asignado. «Esto demostra que mentiron ao dar os datos», dijo.

Feira de gando de Becerreá. O epicentro do sabor e da tradición

Esta cita de referencia convoca os días 3 e 19 de cada mes na chamada ‘porta dos Ancares’ ao mellor vacún de carne da provincia, e con el a centos de persoas, atraídas polo fino gusto e a calidade alimenticia das reses da Montaña. Unha categoría resultante do mimo dos gandeiros e do seu método tradicional.