Comunidades >> Becerreá >> Noticias
O PSOE de Lugo vén de enviar a todos os lucenses unha publicación coa que pretende presentar de forma sintética e dereita os fitos máis destacados dos sete anos de Goberno socialista e do compromiso demostrado con Lugo e a súa provincia.
A través de oito páxinas plagadas de realizacións e novos proxectos de futuro, os socialistas pretenden achegar aos lucenses unha síntese de sete anos de Goberno nos as infraestruturas, a educación, as pensións ou as axudas á dependencia coñeceron un salto cualitativo sen precedentes grazas ao impulso do Goberno do PSOE.
A revista constata que nunca ninguén fixo tanto en tan pouco tempo pois nos anos de Goberno socialista, investíronse en Galicia 8.000 millóns de euros a través do Ministerio de Fomento, que dirixe José Blanco, un 167% máis có investido polos gobernos do PP de Aznar e Rajoy. Un investimento sen precedentes do que se beneficiou a provincia de Lugo, que da man da selección de Monforte dentro das redes transeuropeas de transporte, dará un novo salto cualitativo ao se converter en porta de entrada e saída das mercadorís ferroviarias en Galicia.
Nsta publicación, os socialistas informan aos lucenses de que por vez primeira en España se concederon permisos de paternidade para pais, dos que se beneficiaron XXXX lucenses e se impulsaron axudas para que os mozos poidan emanciparse, grazas ás axudas para o aluguer que xa benefician a 2.500 lucenses, ao tempo que o número de estudantes con becas se incrementou en 15.000 con respecto aos gobernos do PP, ata acadar os 91.000 actuais en toda Galicia.
Os autónomos teñen un espazo destacado. Hoxe son case 38.000 os autónomos lucenses que teñen novos dereitos, como as baixas laborais, grazas á entrada en vigor do Estatuto do Traballo Autónomo, unha reivindicación histórica feita realidade polo Goberno socialista, ao igual que a redución de cargas impositivas para emprendedores e pequenas e medianas empresas.
E porque o compromiso de José Blanco e dos socialistas é Lugo, os socialistas comprométense a rematar a Autovía do Cantábrico o ano que vén e a Lugo-Santtiago na próxima lexislatura, ao tempo que se impulsarán os proxectos e se comezarán as obras das autovías San Cibrao-Barreiros e Ponferrada-Monforte-Ourense.
Entre outros contidos destacados, a revista presta especial atención ao compromiso socialista coas políticas sociais. Así, incide en que nestes sete anos, o Goberno socialista subiu as pensións mínimas, que perciben 48.000 lucenses, un 50% e o compromiso é garantir as sucesivas revalorizacións das pensións, así como o aumento das de viuvedade. Tamén, seguir a manter a prioridade nas axudas aos dependentes, que xa perciben máis de 32.000 galegos.
A información completa, no documento adxunto e na web www.ocompromisoelugo.com.
La ITV móvil que llegó a Becerreá a comienzos de semana y estará hasta finales de la próxima, ya tiene todo el horario reservado y no podrá atender más peticiones de los propietarios de vehículos, según informó el alcalde, Manuel Martínez. Según parece, esta insuficiencia de tiempo ya generó una queja de propietarios de talleres, gremio que también resulta perjudicado. El mandatario municipal recordó que la Diputación aprobó la petición de dos ITV para Monterroso y Becerreá, y fue llevada al Parlamento. Pero la Xunta respondió que cuando va allí una estación móvil, cubre la mitad del tiempo asignado. «Esto demostra que mentiron ao dar os datos», dijo.
Esta cita de referencia convoca os días 3 e 19 de cada mes na chamada ‘porta dos Ancares’ ao mellor vacún de carne da provincia, e con el a centos de persoas, atraídas polo fino gusto e a calidade alimenticia das reses da Montaña. Unha categoría resultante do mimo dos gandeiros e do seu método tradicional.

