Comunidades >> Becerreá >> Notas de prensa
04 Noviembre 11
O PSOE de Lugo lanzou esta mañá a súa web electoral www.ocompromisoelugo.com, un site que os socialistas lucenses pretenden converter nun espazo de encontro coa cidadanía no que comunicar os logros destes máis de sete anos de Gobernos socialistas e avanzar compromisos para os vindeiros anos.
A web electoral está configurada arredor de sete apartados temáticos nos que poder consultar os fitos máis destacados da acción do Goberno socialista na provincia de Lugo e os compromisos do Partido Socialista coa provincia para a próxima lexislatura.
Especial importancia cobran os contidos audiovisuais. A través de varios vídeos, os propios cidadáns avalían o compromiso dos Gobernos socialistas e do cabeza de lista ao Congreso e ministro de Fomento, José Blanco, cos lucenses e con Lugo, co impulso dado ás infraestruturas, a educación ou a dependencia na provincia.
Os bloques temáticos son os seguintes:
Quilómetros, no que se fai un repaso polos investimentos e avances acadados en materia de infraestruturas, como, por exemplo, que a Autovía do Cantábrico estea xa en servizo no 80% do seu trazado.
Pensións, no que se constata o impulso dado nesta materia nos últimos anos, con, por ejemplo, un incremento das pensións mínimas do 50% para os preto de 48.000 lucenses que as perciben.
Dereitos, que evidencia, entre outros, o feito histórico da aprobación dun novo piar do estado do benestar, a lei de dependencia, de cuxas axudas se benefician xa máis de 32.000 persoas en Galicia.
Futuro, que remarca o nivel histórico acadado polos investimentos en infraestruturas (8.000 millónes de euros en Galicia, fronte aos 3.000 millóns investidos polos gobernos de Aznar e Rajoy) ou o paso decisivo da aprobación do Estatuto do Traballo Autónomo, que dá novos dereitos a case 38.000 autónomos lucenses.
Patrimonio, no que se manifesta a impronta que deixaron estes anos de Goberno socialista na valorización do patrimonio cultural lucenses, a través dos investimentos do 1% Cultural, que serviron, por ejemplo, para restaurar a Catedral de Santiago ou para pór en valor o Camiño de Santiago.
Sanidade, que reafirma unha vez máis o compromiso do Partido Socialista cunha sanidade pública, universal e gratuita como elemento esencial do sistema de benestar.
Educación, que salienta o compromiso socialista nesta materia como base que é dunha sociedade máis xusta e máis igual e que foi un dos eidos nos que máis acento puxeron os Gobernos socialistas nestes sete anos, como o explicita que hoxe haxa en Galicia 91.000 estudantes con becas, 15.000 máis que cos gobernos de Aznar e Rajoy.

