Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Novas Concello de Cee

Xuventudes Socialistas Cee

Servizos Sociais do Concello de Cee

Os servizos socias do Concello de Cee ofrecen aos cidadáns asesoramento para acceder ás prestacións sociais propias do Concello, do Goberno Galego e do Goberno central.

Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

Servicios Sociais de Atención Primaria

Os servizos sociais de atención primaria constitúen o nivel máis cercano ó usuario e ó seu ambiente familiar e social, desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu entorno comunitario, especialmente daqueles que están, ou corren o risco de estar, en situación de carencia ou marxinación.

Programas e Equipamentos


1. Programa de Información, Orientación e asesoramento: Que trata de dar resposta á demanda do usuario informando e asesorando sobre os recursos sociais existentes. Inclúe a tramitación de diversas prestacións do sistema público de servizos sociais, dirixido a toda a poboación. Este programa é desenvolvido por unha traballadora social.

Prestacións (incluídas no programa, de información, orientación e asesoramento)
Tramitación de solicitudes de:

Xestión de solicitudes de valoración da dependencia
Pensións Non Contributivas (xubilación, invalidez…)
Renda de Integración social de Galicia (R.I.S.G.A.)
Axudas para situacións de emerxencia social
Axudas para discapacitados e maiores en situación de necesidade (prótese dentais, auditivas, adaptación do fogar, axudas técnicas,...)
Recoñecementos e revisións do grao de minusvalía
Programa de Termalismo social do IMSERSO para maiores (estancias en balnearios)
Vacacions para maiores do IMSERSO
Vacacións e estancias en balnearios para persoas con minusvalías
Programa de Turismo social da Xunta (balnearios e viaxes)
Cheque asistencial (de axuda no fogar, centros de día e residencia para persoas maiores)
Servizo de Teleasistencia domiciliaria
Residencias para maiores
Residencias para discapacitados
Estancias de respiro familiar para persoas maiores
Estancias de respiro familiar para persoas con minusvalías
Estancias temporais en residencias de maiores
Acollemento familiar para persoas maiores e discapacitadas
Solicitudes de expedición do título de Familias numerosas e carné familiar
Axudas de apoio ás familias para a preservacións dos menores no seu contorno
Acollemento familiar de menores
Garda de menores
Prestacións económicas de pagamento único por fillo menor de 3 anos
Prestacións sanitarias do SERGAS
Solicitudes de plaza no colexio “Calvo Sotelo”, dependente da Deputación Provincial
Prestacións sanitarias do SERGAS
Expedición da tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida
Trámites do Abono Social de Telefónica
Axudas asistenciais para emigrantes retornados
Emisión de informes sociais
Programa Xuntos polo Nadal
Trámites administrativos relacionados
Etc…


2. Programa de Axuda no Fogar: Mediante este programa téntase facilitar ás persoas e/ou familias, no séu propio contorno de convivencia, unha serie de atencións e apoios que combinan, segundo os casos, atencións de carácter persoal, doméstico, técnico, social, educativo ou rehabilitador, para a mellor realización das actividades cotiás, evitando así un posible internamento, potenciando a súa propia autonomía e promovendo unha mellora da calidade de vida pero nunca eximindo á familia das súas responsabilidades, senón buscando a colaboración.

Como complemento a este servicio ou de xeito independiente está o servizo de TELEASISTENCIA domiciliaria, que consiste nun dispositivo que garante a axuda necesaria en situacións de emerxencia sanitaria, social ou doméstica de forma inmediata as 24 horas do día e tódolos días do ano.

3. Programa de prevención e inserción social: Inclúe accións específicas destinadas a persoas ou colectivos que están ou están en risco de estar en situación de exclusión social. Combínanse prestacións económicas ou en especie con proxectos personalizados de inserción social. Neste programa inclúense prestacións coma:

3.1. Renda de inserción social de Galicia (RISGA).
3.2. Axudas para situacións de emerxencia social (a nivel municipal ou Xunta).
4. Programa de animación e prevención comunitaria: Consiste en intervencións no ámbito da familia e infancia, con carácter preventivo, educativo e rehabilitador, e actividades dinamizadoras da comunidade. Abrangue diferentes tipos de actuacións:

4.1. Actividades dinamizadoras da comunidade: Preténdese intervir no ámbito da comunidade e da familia mediante actividades tanto lúdicas como formativas que dinamicen e fomenten o tecido social municipal.

4.1.1. Actividades socioculturais: actividades lúdicas e de esparcimento dirixidas a tóda a poboación.
4.1.2. Charlas, seminarios, xornadas…. Dirixidas a toda a poboación e tratando en profundidade aspectos de interese xeral.
Equipamentos e Persoal
1 centro de servizos sociais (CSS) con:

1 Unidade de traballo social (UTS) co seguinte persoal: 1 traballadora social, 1 auxiliar administrativa, 5 auxiliares de axuda no fogar.
1 educadora familiar para o desenvolvemento do programa de educación familiar.
O CSS está ubicado no 2º andar da Casa do Concello.

Horario de atención ao público da traballadora social
Luns, mércores e venres de 9:30 ás 13 h.
Servicios Sociais de Atención Especializada Municipais
Equipamentos, servicios e programas dirixidos a distintos sectores de poboación con características definidas
1. Familia. Programa de Educación Familiar
Coa finalidade de prestar apoio e atención educativa e social a familias e menores no seu propio entorno de convivencia.
2. Persoas Maiores: Centro Social Municipal
Persoal
Coordinadora do centro social.

Actividades con Carácter Anual
Teatro, Coro, Pandereta, Bingo, Taller de Memoria, Ximnasia…(para maior información sobre estas ou outras actividades que se poidan desenvolver consultar no centro).
Servizo de podoloxía/ fisioterapia.
Horarios
Luns a venres: de 10:00 a 13:00, e de 16:00 a 20:00.
Sábado: de 11:00 a 13:00, e de 16:00 a 19:30.
Domingos e festivos: de 16:00 a 19:30.
No verán o horario de tarde do centro é de 16:30 a 20:30.
Enderezo
Rúa Rosalía de Castro s/n
. 15270. Cee.
Teléfono: 981 747 654.

Muller: CIM (centro de información ás mulleres)
Conta con persoal especializado en temas de muller que proporcionan: información, apoio psicolóxico e asesoramento xurídico. Dende o CIM tamén se realizan actividades divulgativas, campañas informativas e diferentes obradoiros que promuevan a igualdade entre homes e mulleres.

No caso de que fora preciso, o centro ofrece acompañamento ás distintas entidades ás mulleres.: Xulgado, Garda Civil,INEM, centro médico.

Prestacións que se poden tramitar dende o CIM
Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violenciade xénero. (Salario da Liberdade)
Pagamento único para as mulleres que sofren violencia de xénero
Fondo de garantía do pago de alimentos
Axudas económicas para traballadores que reduzan a súa xornada laboral
Axudas ás mulleres para retomar o proceso educativo
Programas
Teleasistencia para vítimas de violencia
Programa de Fomento da inserción laboral para vítimas de violencia
Vivendas de aluguer de adxudicación directa
Programa de estadías de tempo libre para mulleres con fillas/os exclusivamente ao seu cargo
Persoal
Directora/psicóloga
1 avogada con adicación parcial
O CIM está ubicado no 2º andar da Casa do Concello.

Horarios de atención ao público
Luns: de 13:00 a 14:00.
Martes: de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30.
Mércores: de 10:00 a 14:00.
Xoves e venres: de 9:00 a 14:00.
A avogada atenderá ao público os mércores previa cita de 9 a 14:00.

Infancia: Guardería Infantil
Servicio para a atención de menores de 0 a 3 anos.

Persoal
1 mestre en educación infantil
1 técnico en educación infantil
2 auxiliares de xardín infancia
Horario
De luns a venres de 8:00 a 20:00 h

Enderezo
Rúa Campo do Sacramento s/n, Cee. 15270 Cee.
Teléfono: 981 747 506.

Colaboracións con ONG
Colabórase coa Solidariedade galega co pobo Saharaui participando no programa Vacaciones en Paz, traendo ó Concello a nenos saharauis a pasa-los meses de verán acollidos por familias ceenses.
 

Areas de Goberno Concello