Comunidades >> Cee >> Documentos >> Novas Concello de Cee
27 Enero 11
BASES DO CUARTO CERTAME DE POESÍA
“MULLERES DO NOSO TEMPO”
PRIMEIRO.- O obxecto do concurso é incentivar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
SEGUNDO.- Poderán concursar todas as persoas que o desexen maiores de 16 anos, coa salvedade de que se o participante é menor de idade deberá presentar debidamente cuberto o anexo I á hora de presentar no Rexistro as Poesías.
TERCEIRO.- O tema da do certame terá que reflectir calquera situación das mulleres do noso tempo.
CUARTO.- Os poemas terán que ser escritos en galego, cun mínimo de 20 versos e cun máximo de 100. Estarán escritos mediante ordenador, en papel DIN A4 e con letra Arial, número 12.
QUINTO.- Os concursantes presentarán un máximo de tres poemas nun mesmo sobre. En cada un dos poemas figurará o título e un pseudónimo ou lema, pero non o nome do autor. Nun sobre pechado introduciranse os datos persoais do autor (nome, idade, enderezo, teléfono particular e unha fotocopia do D.N.I.). No exterior deste sobre figurará únicamente o pseudónimo do autor e III Certame de Poesía “Mulleres do Noso Tempo”. Os poemas deberán ser inéditos e non premiados nin publicados con anterioridade a este certame.
SEXTO.- O prazo de admisión de poemas rematará o 1 de marzo. As bases se publicarán no taboeiro de anuncios do Concello, no taboeiro de anuncios do CIM e nos diarios de maior difusión da comarca.
SETIMO.- Os traballos e plica deberán ser presentados no Rexistro Xeral da Corporación do Concello de Cee, sito en Rúa de Domingo Antonio de Andrade, s/n, en horario de 9:00 a 13:30 h., ou ben en calquera das formas que indica a LPCPAC.
OITAVO.- O xurado estará formado por diversas persoas cualificadas para exercer esta función e en número impar, presidido pola Delegada de Benestar Social e Igualdade e como secretaria a do concello ou persoas en quen deleguen. O xurado poderá declarar desertos algún ou todos os premios. O fallo será dado a coñecer a través dos medios de difusión e comunicado aos gañadores o día 8 de marzo. A entrega dos premios terá lugar nun acto celebrado na Casa do Concello nesa mesma data.
NOVENA.- Os premios se farán con cargo á partida orzamentaria 230/481.00, de premios, becas e pensións de estudos.
DÉCIMA.- Establécense os seguintes premios:
1º premio: 295 €
2º premio: 200 €
3º premio: 100 €
DÉCIMO PRIMEIRA.- O xurado terá en conta para a adxudicación dos premios, os seguintes criterios:
1º) Capacidade para fomentar a igualdade entre mulleres e homes: 5 puntos.
2º) Orixinalidade na composición: 5 puntos.
3º) Transversalidade na transmisión de valores de convivencia entre mulleres e homes: 5 puntos.
DÉCIMO SEGUNDA.- Os traballos que concursen deberán de ser inéditos e non presentados en anteriores concursos.
DÉCIMO TERCEIRA.- Os orixinais quedarán en poder do Concello, que se reserva os dereitos de explotación das poesías, produción, distribución, trasformación, ou calquera outro tratamento posterior, sempre sen ánimo de lucro.
DÉCIMO CUARTA.- O Concello de Cee, como entidade organizadora, poderá publicar as obras premiadas facendo referencia ao seu autor.
DÉCIMA QUINTA.- As persoas participantes serán as únicas responsables dos contidos dos seus traballos en canto a esixencias legais de dereitos de autoría e plaxios, segundo as leis vixentes. Cada participante, polo mero feito de participar, acepta estas bases.
Calquera outra circunstancia non prevista nas mesmas, será resolta polo xurado.
Máis información en:
Concello de Cee
Centro de Información ás Mulleres
Rúa Domingo Antonio de Andrade s/n
15270 Cee
Teléfonos: 981745100 – 607026795 – 662625636
Dona Amancia Trillo Lago
Delegada de Benestar Social e Igualdade

