Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Novas Concello de Cee

Xuventudes Socialistas Cee

Imágenes

  • logotipo cee
Proposta lúdico-cultural para a tarde-noite dos sábados do primeiro semestre do 2011

Sábados Culturais 2011 Concello de Cee

A Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee ofrécevos unha proposta lúdico-cultural para a tarde-noite dos sábados do primeiro semestre do 2011. Nesta programación terán cabida espectáculos de moi variado estilo dentro da variedade de espectáculos que hoxe se poden ollar en Galicia dentro das artes escénicas.

10 Febrero 11

Opinar
Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

 PROGRAMA

Sábado 5 Febreiro, 19.00 horas. Salón de Actos do Concello.
Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

TRES GLOBOS: “PEDRO E O LOBO, SINGULAR VERSIÓN”

Programación Infantil
Duración do espectáculo: 45 min. Monicreques: idade recomendada de 3 a 12 anos
Argumento: Pedro está moi aburrido coidando ovellas el só, pero a aparición de Guff, un can que quere ser pastor coma os alemáns, fai que a rutina diaria sexa mais levadeira. Pedro aprenderalle a ser pastor para que lle axude a protexer as ovellas do lobo, que está moi famento.
Personaxes: Pedro, Belinda (ovella), Lupus (Lobo), Mauricio (Pai de Pedro), Guff (Can), Rato Pérez.
Elenco artístico / formación: Xan Pérez

Sábado 12 Febreiro, 19.00 horas. Salón de Actos do Concello.
Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

PINGA TEATRO: “O BUFÓN DO REINO”

Programación Infantil
Duración do espectáculo: 50 min.
Idade recomendada: a partir de 4 anos

Argumento: Nunha mañá soleada e primaveral, aínda que na tarde chovera un pouco, ao Rei dun reino o don da fala e da risa desaparecéronlle.
O rei non falaba, o rei non quería falar, tampouco quería rir. Os máis achegados ao Rei,os asesores do reino e o pobo en xeral non sabían que facer...e pensaban, pasaron días, meses e case un ano, cando de súpeto, xurdiu da néboa un bufón, ben, unha bufona, ofrecéndose para devolverlle o don da fala e da risa ao Rei a cambio de case nada.

Sábado 19 Febreiro, 19.00 horas. Salón de Actos do Concello.
Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

A XANELA DO MAXÍN: “A PEQUENA LÚA”
Programación: Infantil - monicreques
Duración do espectáculo: 50 min.
Idade recomendada: a partir de 4 anos

Argumento: A Pequena Lúa é unha proposta escénica dirixida a un público familiar, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.
Nesta historia o noso protagonista, un gato viaxeiro, poeta, bohemio e moi chicharacheiro coñece á gatiña Lúa e xuntos, con cariño e comprensión descubrirán os segredos da vida. Aprenderán que con versos e moita ilusión se pode superar calquera dificultade.
Elenco artístico / formación: Manipulación: Celtia Figueiras; Son e Iluminación: Luís Vallecillo

Sábado 26 Febreiro, 19.00 horas. Salón de Actos do Concello.
Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

LA TIRITA DE TEATRO: “BAJO MI CAMA UNA ESTRELLA”

Programación: Infantil - monicreques
Duración do espectáculo: 50 min.
Idade recomendada: de 3 a 7 anos

Argumento: Miguel non é moi forte, nin moi áxil, nin moi rápido, pero é moi valente... ¡home! como todo o mundo ten un pouco de medo do amor, tremelica cada vez que a ve a ela. Pero é moi moi valente... sempre que sexa de día e con sol, porque pola noite cando marcha a luz alí están a penumbra, que lle impide ver as cousas, e as sombras que parecen outras cousas, e os ruídos... Da noite a Miguel só lle gusta a lúa, especialmente se está chea e loce grande e luminosa enchendo de luz a noite negra. Un espectáculo que trata dos monstros que a todos nos deron medo algunha vez, e que nos seguen dando por moi maiores que sexamos.
Elenco artístico / formación: Paco Úbeda

Sábado 12 marzo, 20.15 horas. Salón de Actos do Concello.
Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

TEATRO DE ADRO: “AI CARMELA!”

Programación: Adultos - comedia
Duración do espectáculo: 80 min.
Argumento: Inverno do ano 1938. En Galicia, dous cómicos da legua, Carmela e Paulino, son arrestados polo bando nacional e obrigados a realizar unha función para celebrar a vitoria na Batalla do Ebro ante un público onde están presentes varios mozos condenados á morte. Paulino, co seu afán de supervivencia, aceptará facelo, pero Carmela, nun xesto que ten máis que ver co seu propio sentido da xustiza e de solidariedade cos fracasados que cun fervor político, remata por non aceptar as ordes dadas.
Un espectáculo cómico de pequeno formato no que a música en directo ten unha importancia determinante.

Sábado 19 Marzo, 20.15 horas. Salón de Actos do Concello.
Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

TALÍA TEATRO: “PELOS NA LINGUA”

Programación: Adultos - comedia
Duración do espectáculo: 60 min.
Argumento: Despois do éxito de Bicos con lingua e ante a situación conflitiva do idioma nestes momentos, decidimos afrontar de novo un espectáculo que invite á reflexión pero sen esquecer o humor e a ironía.
Un espectáculo áxil, dinámico e fresco para maiores de 13 anos.

Sábado 26 Marzo, 20.15 horas. Salón de Actos do Concello.
Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

CANDIDO PAZÓ: “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”

Programación: Adultos - contemporáneo
Duración do espectáculo: 80 min.

Argumento: Cúmprense 50 anos da primeira publicación das Memorias dun neno labrego. Un libro capital para as nosas letras. O que todo o mundo leu. Do que todos gardamos unha lembranza. O que tanta xente asocia con algunha vivencia propia ou herdada.
Por iso estamos convencidos de que un espectáculo a partir do libro de Neira Vilas, ademais de ser unha merecida homenaxe, pode suscitar o máis vivo interese por parte de todo tipo de públicos.

Sábado 2 Abril, 20.45 horas. Salón de Actos do Concello.
Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia

PRODUCCIÓNS ACONTRABUTACA: “FRANTASMAS”

Programación: Adultos - comedia
Duración do espectáculo: 75 min.
Argumento: Un antigo casarío de estilo victoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular… unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chimeneas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos.

Sábado 9 e Domingo 10 Abril, 20.45 horas. Salón de Actos do Concello.
Delegación de Educación, Cultura e Xuventude

TALIA TEATRO: “PALABRAS ENCADEADAS”

Programación: Adultos - contemporáneo
Duración do espectáculo: 90 min.
Argumento: Un psicópata e a súa vítima, secuestrados nun espazo sen posibilidade de fuxida aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso prende sempre dun fío.
Na busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable.


Sábado 7 de Maio. Salón de Actos do Concello. 21.00 h.
Delegación de Educación, Cultura e Xuventude

TALÍA TEATRO: “VOLPONE”
Programación: Adultos - comedia
Duración do espectáculo: 105 min.

Argumento: Unha divertida comedia que retrata satiricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interés reunir fortunas sen importar o ridículo que teñan que facer nen o custo que outros teñan que pagar.
O señor Volpone é un nobre, dono de abundantes riquezas, que finxe estar no seu leito de morte coa fin de enganar aos que desexan herdar a súa fortuna, ofrecéndolles a través do seu criado, o astuto Mosca, ser os seus únicos herdeiros.
Nesta comedia poderemos rirnos de nós mesmos ao ver unha historia que fala dun dos nosos peores defectos: a corrupción.
 

Novas Concello de Cee