Comunidades >> Cee >> Documentos >> Novas Concello de Cee
10 Febrero 11
CONCURSO DE COMPARSAS PARA ADULTOS NO SÁBADO DE ENTROIDO
FESTA INFANTIL (de 11.00 a 14.00 horas)
Obradoiros específicos deste tempo de Entroido (maquillaxe e máscaras) acompañado de animación musical pola tarde con agasallos para todos os nenos e nenas participantes.
Concurso disfraces (desde as 17.00 horas)
Premios Comparsas:
1º Premio : 800 € - 2º Premio: 675 € - 3º Premio: 575 €
Accésits de 250 € (ata un máximo de tres)
Parellas ou individuais:
Premio único: 60 €
Venres 15 Abril, 11.00 horas. Salón de Actos do Concello.
Delegación de Educación, Cultura e Xuventude
CONTACONTOS PARA O FOMENTO DA LECTURA
O fomento da lectura é unha tarefa distinta da formación da habilidade de ler; iníciase na familia e na escola, e necesita de persoas e lugares que permitan o achegamento aos libros. Desde a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude intentamos axudar nesta importante labor e así, ademais dos “concursos de achegamento ó libro”, ofertamos actividades como esta sesión de contacontos dirixida ós máis cativos da casa. Con ela pretendemos acadar un dobre obxectivo: a educación en valores e a adquisición de pautas de comportamento e socialización para a asistencia a espectáculos de artes escénicas.
Sábado 30 Abril, 19.00 horas. Salón de Plenos do Concello.
Delegación de Educación, Cultura e Xuventude
VIII concurso de pintura
Delegación de Educación, Cultura e Xuventude
A Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee, co obxectivo de fomentar o interese pola actividade artística da pintura, convoca o VIII CONCURSO DE PINTURA, para maiores de 14 anos, que repartirá 2.200 € en premios. O prazo para presentar os traballos remata o 15 de abril. Máis información na Concellería de Cultura e en www.concellocee.es
Luns 16 Maio, 18.00 horas. Salón de Actos do Concello.
Delegación de Educación, Cultura e Xuventude
XX CONCURSO DE ACHEGAMENTO Ó LIBRO
Nesta xornada terá lugar a entrega de premios dunha nova edición dos concursos que convoca a Biblioteca Municipal D. Francisco Mayán e nos que participan escolares de todos os centros educativos da comarca.
Martes 17 Maio, 12.00 horas. Salón de Actos do Concello.
Delegación de Educación, Cultura e Xuventude
CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: “BANDA DE MÚSICA DE CEE”
O Día das Letras Galegas 2011 está adicado ó poeta monfortino Lois Pereiro. Con esta homenaxe, a Real Academia Galega quere reivindicar unha figura que conecta a poesía galega cos movementos da cultura europea dos 80 e a contracultura.
A Banda da Escola Municipal de Música de Cee ofreceranos para este concerto pezas do seu repertorio máis coñecido, centrándose especialmente na música da nosa terra. Tamén terán un recordo para a obra de Lois Pereiro. O concerto rematará, como ben sendo habitual nestes anos, coa interpretación do himno galego.
Sábado 5 marzo, todo o día na Praza da Constitución.

