Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Novas Concello de Cee

Xuventudes Socialistas Cee

Concello de Cee

Bases do Concurso de disfraces “ENTROIDO 2011”

De cara a regular a celebración do concurso de disfraces para adultos do Entroido 2011 que organiza a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee, establécense as seguintes BASES:

12 Febrero 11

Opinar
Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES “ENTROIDO 2011”

a) O prazo de inscrición das comparsas participantes (15 ou máis membros) estará aberto desde ás 9.30 horas do xoves 17 de febreiro ata ás 13.00 horas do mércores 2 de marzo, agás os individuais e parellas que poderán facelo ata 15 minutos antes do comezo do desfile, tratando neste último caso de facilitar unha maior participación cidadá. No momento da inscrición as comparsas deberán facer constar o nome e enderezo do seu representante, que formará parte do xurado, xunto co C.I.F. e un número de conta bancaria no que ingresar o posible premio.
 

a.1) Idades dos participantes: no caso de individuais e parellas: a partir de 12 anos, mentres que as comparsas de adultos poderán incluír a nenos de tódalas idades, se ben o seu número non excederá do 25% do total de compoñentes da comparsa.
 

b) A concentración de participantes, terá lugar o sábado 5 de marzo de 2011 ás 17.00 horas, tendo como lugar de saída a avenida de D. Lino Rodríguez Madero (detrás do Concello).
 

c) A orde do desfile rexerase segundo a de inscrición; se ben por razóns técnicas a organización pode introducir as modificacións que considere oportunas. Iniciarán o desfile os individuais, parellas, e a continuación as comparsas.
 

d) Toda comparsa que non acate as ordes da organización será descualificada.
 

e) O xurado será feito público pola Concellería de Educación, Cultura e Xuventude o xoves 3 de marzo xunto co listado de comparsas participantes.
 

f) O xurado poderá declarar deserto algún premio.
 

g) Criterios de avaliación:
participación e animosidade no desfile (10% da puntuación), calidade e caracterización dos disfraces (40% da puntuación), emprego de complementos (carrozas, aparellos diversos..., 10% da puntuación), e finalmente a actuación no escenario que terá un 40% da puntuación total.
é importante suliñar que esta actuación no escenario contará cun tempo máximo de 14 minutos improrrogables. No momento da inscrición, cada comparsa, deberá entregar unha copia escrita do texto a escenificar.
 

h) Establécense os seguintes premios:
Premios:

Comparsas:

1º Premio : 800 € - 2º Premio: 675 € - 3º Premio: 575 €
Accésits (3): 250 € cada un
Parellas ou individuais:
Premio único: 60 €
No caso de terse presentado algún menor de idade nesta categoría e ter acadado o premio, este participante deberá ser acompañado polo seu pai, nai ou titor para poder recibilo.

i) Os tres primeiros premios entregaranse mediante transferencia bancaria, procedéndose á retención correspondente do I.R.P.F, naqueles casos que proceda. Para elo, cada comparsa presentará,no momento da inscrición, C.I.F. e nº de conta bancaria.
 

j) O importe máximo a outorgar, non poderá superar a cantidade de 2.860 €, con cargo á partida 330/481.00 para premios e subvencións, correspondente ao orzamento xeral do Concello .
 

Novas Concello de Cee