Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Novas Concello de Cee

Xuventudes Socialistas Cee

 

Imágenes

  • inauguracion campo futbol cee.jpg
  • hierba artificial Cee 13-03-2010 4
  • hierba artificial Cee 13-03-2010 5
  • hierba artificial Cee 13-03-2010 6
  • gardería cee 1
  • gardería cee 2
  • gardería cee 3
  • gardería cee 4
  • gardería cee 5
  • gardería cee 6
As obras supoñen un investimento de máis de 636.000 euros

Amancia Trillo e Fernández Moreda inauguran as obras de remodelación do campo de fútbol e a gardería de Cee

A candidata Socialista e vicealcaldesa do Concello de Cee Amancia Trillo e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inauguraron o 18 de marzo de 2011 as obras de remodelación do campo de fútbol de herba artificial de San Paio de Refoxos e a segunda gardería pública da localidade.

18 Marzo 11

Opinar
Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

Realizaron un percorrido pola nova Casa da Cultura de Cee, cuxas obras están practicamente rematadas, e desprazaronse despois ata o campo de fútbol, onde o esperaban os nenos que xogan nas categorías inferiores do Atlético Pereiriña e Unión Cee.

O campo foi dotado de terreo de xogo de herba artificial e de iluminación, que permitirán un uso máis intensivo das instalacións e mellorarán as condicións do xogo, cun orzamento de 466.000 euros.

Segundo lembrou Fernández Moreda, o campo inaugurado hoxe fai o número 70 dos que construíu a Deputación noutros tantos municipios da provincia, moitos deles municipios de pequeno tamaño, porque “na Deputación queremos facer normal o que xa é normal nas cidades: garantir o acceso a servizos públicos de calidade”, co obxectivo de “que a xente teña maior calidade de vida, maior benestar, en definitiva, que sexa máis feliz”, apuntou o presidente da Deputación.

Pola súa banda, o goberno de Cee agradeceron o importante apoio económico da institución provincial para facer realidade estes proxectos no municipio. Non era posible deixar pasar a oportunidade que daba a Deputación para mellorar as instalacións.

A inauguración da nova gardería, supuxo un investimento de 180.000 euros, dos que 107.000 foron achegados pola Deputación da Coruña, Cee será o único municipio da Costa da Morte que conte con dúas escolas infantís municipais.

Tras a inauguración do campo de San Paio de Refoxos, a comitiva desprazouse ata a nova gardería de Raíces de Arriba, que conta cunha superficie de 438,70 metros cadrados nos que se distribúen as catro aulas do centro, que darán servizo a un total de 60 nenos.

O novo edificio conta con medidas de aforro enerxético, materiais ignífugos, xanelas deseñadas para evitar a rotura de cristais que poidan danar aos pequenos e chan antiimpacto, así como adaptación de todas as estancias para que poidan ser utilizadas por menores con calquera tipo de discapacidade.

Novas Concello de Cee