Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Novas Concello de Cee

Xuventudes Socialistas Cee

Amancia Trillo Lago
Amancia Trillo Lago

Imágenes

  • Amancia Trillo 2011
Partido Socialista de Cee

Comunicado do Grupo Municipal Socialista de Cee

O Grupo Municipal Socialista no concello de Cee, diante da evolución que está a tomar a investigación da denominada Operación Orquesta, quere facer pública a seguinte declaración:

02 Abril 11

Opinar
Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

1.- Amosar o noso respecto e apoio a acción da xustiza para un rápido esclarecemento dos feitos.

2..- Seguimos reafirmando o noso compromiso coa salvagarda do ben xurídico da presunción de inocencia para con tódolos imputados neste asunto.

3.- Que o Partido Socialista en Cee, por responsabilidade e facendo honra a un pacto de goberno subscrito o principio da lexislatura con IxC, mantivo unha posición política responsable en aras a garantir a gobernabilidade do Concello e a que a situación creada non afectase o funcionamento ordinario da institución.

4.- A evolución dos acontecementos, o práctico esgotamento da lexislatura, a maioritaria demanda da nosa militancia e da base social que nos prestou o seu apoio electoral fai catro anos, e a opinión unánime das persoas que conforman a lista electoral que concorrerá as eleccións do próximo 22 de maio polo Partido Socialista en Cee, fainos reconsiderar a nosa permanencia no goberno municipal.

5.- Como consecuencia diso, o próximo luns, tódolos concelleiros socialistas presentaremos a nosa renuncia a formar parte do goberno municipal e comunicarémoslle o Alcalde a nosa intención de pasar a oposición.

6.- O Partido Socialista non abdica das súas obrigas como forza política comprometida con Cee e, dende unha oposición responsable e comprometida cos cidadáns, seguirá traballando para que os veciños e veciñas do noso concello non vexan frustradas as súas expectativas individuais e colectivas.
 

Novas Concello de Cee