18 Marzo 11
Realizaron un percorrido pola nova Casa da Cultura de Cee, cuxas obras están practicamente rematadas, e desprazaronse despois ata o campo de fútbol, onde o esperaban os nenos que xogan nas categorías inferiores do Atlético Pereiriña e Unión Cee.
O campo foi dotado de terreo de xogo de herba artificial e de iluminación, que permitirán un uso máis intensivo das instalacións e mellorarán as condicións do xogo, cun orzamento de 466.000 euros.
Segundo lembrou Fernández Moreda, o campo inaugurado hoxe fai o número 70 dos que construíu a Deputación noutros tantos municipios da provincia, moitos deles municipios de pequeno tamaño, porque “na Deputación queremos facer normal o que xa é normal nas cidades: garantir o acceso a servizos públicos de calidade”, co obxectivo de “que a xente teña maior calidade de vida, maior benestar, en definitiva, que sexa máis feliz”, apuntou o presidente da Deputación.
Pola súa banda, o goberno de Cee agradeceron o importante apoio económico da institución provincial para facer realidade estes proxectos no municipio. Non era posible deixar pasar a oportunidade que daba a Deputación para mellorar as instalacións.
A inauguración da nova gardería, supuxo un investimento de 180.000 euros, dos que 107.000 foron achegados pola Deputación da Coruña, Cee será o único municipio da Costa da Morte que conte con dúas escolas infantís municipais.
Tras a inauguración do campo de San Paio de Refoxos, a comitiva desprazouse ata a nova gardería de Raíces de Arriba, que conta cunha superficie de 438,70 metros cadrados nos que se distribúen as catro aulas do centro, que darán servizo a un total de 60 nenos.
O novo edificio conta con medidas de aforro enerxético, materiais ignífugos, xanelas deseñadas para evitar a rotura de cristais que poidan danar aos pequenos e chan antiimpacto, así como adaptación de todas as estancias para que poidan ser utilizadas por menores con calquera tipo de discapacidade.
El lunes 24 de abril, en Sesión Plenaria, se realizó el Sorteo de los miembros para la formación de las Mesas Electorales, para las próximas elecciones generales del 20 de noviembre.
O Partido dos Socialistas de Cee, elixiu en asemblea ao seu Comité Electoral que ten o traballo de preparar as vindeiras eleccións xerais do 20 de novembro de 2011.
“Todas las mejoras que hacen falta, especialmente el empleo, se consiguen trabajando y votando”, afirma sobre las protestas de jóvenes

