Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Novas Concello de Cee

Xuventudes Socialistas Cee

Imágenes

  • foto amancia despacho pequeña 2008

Entrevista a la Vicealcaldesa de Cee Amancia Trillo Lago

Entrevista | amancia trillo lago vicealcaldesa de cee «En política ás veces tes que decir que non e non é cómodo» Entrou na vida pública en 1995 porque non lle gusta ver os touros desde a barreira, e hoxe é a responsable do PSOE local

07 Enero 08

Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

Amancia Trillo Lago (Ameixenda, Cee, 1958) ostenta un cargo único en dous sentidos. É vicealcaldesa, a única que hai na Costa da Morte con tal título. E tamén é a muller co cargo máis elevado na política municipal da comarca.

 

-¿Por que vicealcaldesa en non tenente de alcalde?

-Decidimos empregar ese termo para dar unha imaxe real da situación do goberno local de Cee, para deixar claro que eu non lle din a alcaldía aos independentes -PSOE e I por Cee teñen un pacto de goberno dende as pasadas municipais-, senón que a compartimos. O cargo de alcalde só o pode ter un, pero a maioría das delegacións as teño eu.

-Vicealcaldesa nun mundo no que todos son homes. ¿Algunha sensación especial? -

Ata que entrei no 95 só houbera unha muller concelleira, Josita Lema, do PSOE; ese ano fomos tres, María del Carmen Mouzo, do PP, Isabel Castro, do PSOE, e eu. Eu entrei da man de dúas grandes persoas, Manuel Lamela e Antonio Ares, e sempre me sentín moi arroupada por eles. Preocupáronse moito sempre de explicar as cousas, nunca dixeron hai que votar isto nun pleno e listo. O pouco que sei ensináronmo eles.

-¿E por que decidiu meterse en política?

-Un pouco de casualidade. Nunca me propuxera facelo. Sempre pensas que iso é para outros, pero supoño que pasoume o mesmo que a moitos outros nos pobos pequenos: un días estás na casa e pídenche que formes parte dunha lista. Co tempo valóralo, por ter experiencias novas, por saber como son as cousas dende dentro. Se non coñeces, non podes criticar.

-E a imaxe que se ten da política dende fóra non é a mesma que dende dentro.

-A imaxe que ten a política é moi mala. Desde dentro daste conta de que non é así. Hai moito traballo e moita responsabilidades. As veces hai comentarios que firen, como cando din que se está aí por algo será. Eu pediríalle a todos os que opinan mal da política que se metan nela. Como en todos os sectores, nisto tamén hai malos e bos.

-Fáleme dos bos momentos. -

A min o que me gusta da política é o que ten de xestión. A satisfacción máis grande é ver que se crea un servizo e que un axudou a que estivera alí. En vez de estar na casa vendo pasar os touros dende a barreira, eu impliqueime. Por exemplo, gústame moito pasar por diante da gardería municipal, porque se fíxo e inaugurouse cando eu era concelleira de Servizos Sociais. Agora quedou pequena. Imos a pola segunda.

-¿E cal é a parte amarga da política local?

-A parte mala é o non poder atender ás peticións de todo o mundo. Ás veces tes que decir que non, e non é cómodo nin fácil.

-Unha curiosidade: comparte goberno cos independentes, os mesmos que antes gobernaran co PP. ¿Que tal a relación?

-No 95 xa estivemos con eles e non foi unha experiencia negativa, fixéronse moitas cousas moi importantes. Foi un erro deles deixalo a finais do mandato. Disculpárono porque querían que nas eleccións se viran dous grupos. A relación con eles é estupenda. Ramón Vigo -o alcalde- nunca me dixo unha cousa e logo fixo outra.

-Cee cambiou nos últimos anos. ¿Para ben o para mal?

-Cee cambiuou para ben, aínda que nos últimos tempos quedou algo estancado. Os dous primeiros anos do PP aínda foron normais, pero os catro últimos foron un desastre e Cee quedou moi descoidado. Aquí construíuse moitísimo, pero non para os soldos de aquí. Agora temos un montón de proxectos que poñer en marcha que os dous partidos levamos nos programas, como rematar a casa da cultura, facer vivendas sociais, poñer en marcha un centro de día ou abrir unha segunda gardería municipal. O problema é o de sempre: estamos buscando fondos.

 

 

Eduardo Eiroa Fecha de publicación: 6/1/2008 La Voz de Galicia