Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Novas Concello de Cee

Xuventudes Socialistas Cee

Imágenes

  • Logotipo PSOE Galicia
As Taxas Municipais do PP da Costa

Nota Informativa PSdeG Costa da Morte 08-10-2009

Os socialistas da Costa da Morte cualifican de puro cinismo político o anuncio do Partido Popular de conxelar as taxas municipais, onde gobernan, para compensar a suba de determinados impostos polo Goberno Central.

08 Octubre 09

Opinar
Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

Cee, 8 de outubro de 2009

 

- Os socialistas da Costa da Morte cualifican de cinismo político e de broma de mal gusto o anuncio de que os alcaldes do PP van a conxelar as taxas municipais para compensar a suba de determinados impostos anunciados polo Goberno Central, cando, pola vía indirecta acaban de aplicar unha suba de mais de 300 euros por alumno que accede a un dereito constitucional: a educación. A supresión da gratuidade dos libros de texto, con carácter universal, supón un gasto por familia duns 300 euros por alumno e familia. Isto que é?, unha taxa, un imposto, un tributo, ou simplemente un atentado contra as economías familiares alí onde saben que son mais vulnerables?

 - Cinicamente din que os seus concellos non subirán as taxas... como explicar entón o anuncio de fai escasos días do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da suba xeneralizada do recibo da auga, ou do abandono ás economías locais da recollida dos residuos voluminosos?

 - Suspender determinadas infraestruturas, como a autovía, a base e o helicóptero de salvamento, son baixadas de impostos ou son actos irresponsables que nos van a custar moi caro en seguridade e en atraso económico?

 - Suspender as operacións cirúrxicas polas tardes a persoas con problemas de saúde moi serios, é aforro impositivo ou é unha decisión irresponsable dos que se mostran tan preocupados pola nosa economía?

 

- Mais lle valera o Partido Popular que pagase o que debe a Costa da Morte antes que anunciar, cinicamente, fungallas de caridade que non serven mais que para un titular pero que non arranxan ningunha das nosas eivas. Eivas imputables, historicamente, o desprezo que a dereita sempre tivo para con este territorio e os seus habitantes.