Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Novas Concello de Cee

Xuventudes Socialistas Cee

Marisol Soneira
Marisol Soneira

O PSdeG ofrece un pacto ao goberno sobre o Plan de Acuicultura do 2008

Soneira sinala que o obxectivo é facilitar o investimento de 300 millóns de euros e crear 2.000 postos de traballo no sector

21 Agosto 09

Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

Santiago, 21 de agosto do 2009. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE, Marisol Soneira compareceu hoxe en rolda de prensa para amosar a postura dos socialistas galegos sobre a acuicultura en Galicia.


Soneira ofreceu ó Goberno Galego “un pacto de Goberno”, en base ó Plan de acuicultura do ano 2008, para facilitar o investimento de “300 millóns de euros e crear 2.000 postos de traballo”, nun sector tan importante na actividade económica de Galicia. Sobre este asunto dixo “non podemos permitirnos o luxo perder postos de traballo”, sentenciou Soneira.


A deputada socialista fixo esta oferta “dende un exercicio de responsabilidade con Galicia e cos galegos”, resaltou “nun momento de crise económica e laboral que nos obriga a todos a buscar acordos e consensos”.


A portavoz de Pesca do Partido Socialista reclamoulle a Rosa Quintana e ao Señor Feijoo que “esquezan plantexamentos sectarios que non teñen mais finalidade que xustificar unha oposición irresponsable neste tema coma noutros” e pídelle que “acepte a oferta do Grupo Parlamentario Socialista polo ben dos intereses colectivos de Galicia”.


A deputada do PSdeG-PSOE di que o sector acuícola está farto do debate sobre se son churras ou merinas. E insiste “hai un plan galego de acuicultura en vigor”, aprobado no Consello da Xunta o pasado 28 de xullo do 2008, por iso subliña “ agora só queda poñerse a traballar para facilitarlle as cousas ós emprededores e non poñerlle trabas innecesarias”.


Dende o Grupo Parlamentario Socialista consideramos que o “consenso urxe neste asunto”, porque é preciso dar confianza e seguridade ás empresas, “para facilitar o investimento de mais de 300 millóns de euros, coa creación de 2.000 postos de traballo directo co fin de manter a posición de liderazgo da nosa Comunidade, e non perder tempo nin oportunidades”. Nese senso lembrou que se esgota o tempo para que os proxectos acuícolas poidan acceder a subvencións europeas.