Comunidades >> Cee >> Notas de prensa
19 Noviembre 09
Se presentan unhas emendas co fin de modificar e corrixir os grandes erros que o Goberno da Xunta de Galicia, presidida por Núñez Feijoo, amosounos coas propostas dos Presupostos previstos para o ano 2010.
Vídeo rolda de prensa inicio - Vídeo rolda de prensa resume final
Estes Orzamentos, diminúen case 30 millóns de euros en Educación, outros tantos en Sanidade, e diminúen as transferencias as Corporacións Locais en 44 millóns de euros, un -44%. Diminúen as inversións reais en infraestruturas.
So se amplían os presupostos no ámbito da dependencia, pero é debido as ampliacións dende o Goberno Central.
Son uns presupostos resignados e non incrementan en solidariedade, non serven para a creación de emprego sendo desprotectores para os máis débiles e de quen máis o necesita.
Os Socialistas de Galicia, presentamos máis de 700 emendas que contribúen a dirixir a Galicia durante o seguinte ano, por un bo camiño e sempre pensando no ser humano, o de a pe, en non soamente aos das altas esferas.
En cuanto as emendas presentadas para mellorar a Costa da Morte, no nivel máis xeral, son máis de 30, por un importe superior aos 17 millóns de euros, e que afectan a tódolos sectores de actividade da Comarca.
-o Helicóptero e a base de Salvamento, que xa estaban previstas no seu momento (Son esenciais para a Costa da Morte, Galicia e Europa)
-Emendas para a continuación, por parte de Portos de Galicia, para que continúen as obras, pero con nomes e apelidos, como son as infraestruturas do Porto de Caión, o inicio do Porto Náutico Deportivo Corcubión - Cee, e a fachada Marítima de Camariñas.
-O Próximo Xacobeo e a Costa da Morte, apoio ao Consorcio de Turismo para a promoción da Costa da Morte.
-Unha partida especifica para a Fundación Man.
Nas políticas Sociais, se presentaron emendas para que existan Centros de día en Ponteceso, Corcubión, e Centros de Saúde en Buño, Caión, Fisterra e Baio.
-En equipamentos, a primeira fase do Auditorio de Ponteceso, a Casa do Concello de Cee, o Edificio servizos múltiples de Corme, o Pavillón Polideportivo de Camelle e os contedores soterrados de Corcubión.
-Nos sectores produtivos, a promoción da Pataca de Coristanco.
-Un plan de vivenda para a rehabilitación dos distintos núcleos e a vivenda protexida de Carballo.
Todo isto supón mover á Xunta, 17 millóns de euros, que irán parar a outros lares.
Os Socialistas, seguimos apostando pola Costa da Morte. O que figura para a Costa da Morte nos Orzamentos, o apoiamos e queremos engadir o que os representantes do Goberno da Xunta, se esqueceron de presupostar.

