Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
A Coruña, 9 de xullo de 2010. A Agrupación Socialista de Vimianzo elixiu, nunha asemblea celebrada onte, que contou coa asistencia do presidente da xestora do partido, Manuel Valeriano Alonso de Léon, e do secretario de Organización do PSOE provincial, Emilio Vázquez Blanco, á súa nova comisión executiva local, que estará encabezada por Jose Antonio Miñones Rivero, como secretario xeral local.
A lista da executiva, que obtivo o apoio de máis do 90% dos militantes do partido, complétase con María del Carmen Gándara Mouzo como vicesecretaria xeral; José Manuel Rodríguez Blanco, secretario de Organización; Montserrat Vázquez Miñones, secretaria de Política Municipal; Beatriz Rodríguez Montes, secretaria de Igualdade e Benestar; Manuel Rodríguez Lavandeira, secretario de Xuventude e Participación Cidadá; e José María Rocha Rodríguez, secretario de Cultura e Educación.
O secretario de Organización dos socialistas coruñeses, Emilio Vázquez, instou aos membros da nova executiva local do PSdeG-PSOE de Vimianzo a “normalizar a vida orgánica do partido” e animounos a “traballar de cara aos comicios locais do vindeiro ano”.
O PSdeG-PSOE provincial da Coruña elixiu esta mañá aos seus 19 delegados para o Congreso Federal do PSOE, que se celebrará a primeira fin de semana de febreiro en Sevilla. Ao Congreso Extraordinario Provincial, celebrado esta mañá na Coruña, concorreu unha soa lista de delegados, presentada polo presidente da Agrupación provincial, Francisco Caamaño, que a encabeza, seguido do secretario xeral dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda, da voceira socialista na cidade da Coruña, Mar Barcón, e do secretario de Organización provincial, Emilio Vázquez Blanco.
O PSdeG-PSOE pedirá á Xunta que medie ante o goberno central para conseguir “un marco tarifario estable” e “unha diminución dos costes regulados da factura eléctrica”, que permita o mantemento da actividade industrial da planta coruñesa de Alcoa. Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa o deputado no Parlamento de Galicia José Luís Méndez Romeu, e o concelleiro socialista na Coruña, Jesús Fernández, que incidiron na importancia para a cidade “dunha industria, que xera entorno a un milleiro de postos de traballo directos e indirectos”.
O presidente provincial considera que a delegación coruñesa “será unha peza clave” no Congreso Federal, e defende unha provincia “forte e capaz de defender cos seus delegados o que A Coruña pensa”

