Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Salvador Fernández Moreda
Salvador Fernández Moreda

Documentos relacionados

Imágenes

  • Rolda de Prensa Sanidade Provincial Coruña
  • Rolda de prensa sanidade provincial coruña
Os socialistas advirten do deterioro asistencial nun hospital “que era unha referencia en Galicia e en España”

O PSOE CORUÑÉS DENUNCIA A “NEFASTA XESTIÓN SANITARIA” DO GOBERNO DE FEIJOO

O hospital da Costa e o CHUAC lideran o ranking de hospitais con maiores listas de espera en Galicia Máis de 7.000 persoas engrosan as listas de espera do hospital coruñés, o que supón case o 20% do total das persoas en listas de espera na sanidade pública galega

22 Julio 10

Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

A Coruña, 21 de xullo de 2010. O Hospital da Costa e o CHUAC ocupan, respectivamente, a primeira e segunda posición “no lamentable ranking das listas de espera” do sistema público sanitario galego. Así o denunciaron esta mañá os socialistas da provincia da Coruña durante unha rolda de prensa celebrada esta mañá na cidade herculina e que contou coa asistencia do secretario xeral provincial, Salvador Fernández Moreda, a responsable de Sanidade da executiva, Natividad González Laso e os deputados autonómicos Mar Barcón e José Luís Méndez Romeu.

O secretario provincial, Salvador Fernández Moreda, afirmou que os socialistas están “seriamente preocupados polo profundo deterioro do sistema sanitario dende a chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta” e subliñou que o complexo hospitalario coruñés, “que era unha referencia en Galicia e en España”, ocupa hoxe un lamentable segundo posto entre os hospitais con máis pacientes en listas de espera.

Segundo os datos ofrecidos hoxe polos socialistas, e obtidos dos datos oficiais facilitados polo SERGAS, máis de 7.000 pacientes agardan hoxe nas listas de espera das diferentes especialidades cirúrxicas do hospital coruñés, o que supón case o 20% do total das persoas en listas de espera na sanidade pública galega. Ademáis, os pacientes qeu teñen como referencia o CHUAC esperan de media case sete días máis que os do resto de Galicia.

A responsable de Sanidade da executiva provincial, Natividad González Laso, atribuíu este incremento das listas de espera á “nefasta xestión sanitaria do goberno de Feijoo”, que “non ten obxectivos de mellora asistencial, senón que aplica o modelo de “ir facendo”.

“O Partido Popular volve ao vello modelo de centrar a sanidade nos hospitais, e de facer da saúde un negocio”, apuntou González Laso, que subliñou que este modelo trae como resultado “que hoxe hai máis xente esperando por unha consulta ou unha intervención, e espera máis tempo”. En concreto, hoxe 2.000 persoas máis que hai un ano engrosan as listas de espera cirúrxica do sistema público de saúde galego, polo que xa son máis de 36.000 os galegos pendentes dunha intervención e 203.753 os que esperan pola primeira consulta co especialista.
 

Otras Noticias

O Congreso Extraordinario do PSOE coruñés aprobou esta mañá a lista dos 19 delegados que representarán á provincia en Sevilla. 21 Enero 12

Unidade dos socialistas coruñeses na elección de delegados ao 38 Congreso Federal

O PSdeG-PSOE provincial da Coruña elixiu esta mañá aos seus 19 delegados para o Congreso Federal do PSOE, que se celebrará a primeira fin de semana de febreiro en Sevilla. Ao Congreso Extraordinario Provincial, celebrado esta mañá na Coruña, concorreu unha soa lista de delegados, presentada polo presidente da Agrupación provincial, Francisco Caamaño, que a encabeza, seguido do secretario xeral dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda, da voceira socialista na cidade da Coruña, Mar Barcón, e do secretario de Organización provincial, Emilio Vázquez Blanco.

Os socialistas consideran que o problema de Alcoa pódese reproducir noutras importantes compañías implantadas en Galicia nas que a factura eléctrica representa ata o 40% do total dos seus gastos, o que supón tres veces máis que o custo de man de obra. 20 Enero 12

O PSdeG-PSOE insta á Xunta a negociar con Madrid un “marco tarifario estable” que permita o mantemento dos postos de traballo da planta coruñesa de Alcoa

O PSdeG-PSOE pedirá á Xunta que medie ante o goberno central para conseguir “un marco tarifario estable” e “unha diminución dos costes regulados da factura eléctrica”, que permita o mantemento da actividade industrial da planta coruñesa de Alcoa. Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa o deputado no Parlamento de Galicia José Luís Méndez Romeu, e o concelleiro socialista na Coruña, Jesús Fernández, que incidiron na importancia para a cidade “dunha industria, que xera entorno a un milleiro de postos de traballo directos e indirectos”.

Fernández Moreda considera que o Congreso Federal de Sevilla será “un punto de inflexión na historia do partido, como o foi Suresnes”, e avoga por “reformas ideolóxicas e orgánicas” e pola “dinamización” das agrupacións locais para recuperar a confianza do electorado. 18 Diciembre 11

Caamaño pide "consenso" na elección dos 19 delegados coruñeses ao Congreso Federal do PSOE, "para que defendan o mandato político das bases da Agrupación"

O presidente provincial considera que a delegación coruñesa “será unha peza clave” no Congreso Federal, e defende unha provincia “forte e capaz de defender cos seus delegados o que A Coruña pensa”