Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
26 Julio 10
. O PSdeG-PSOE aspira a obter máis alcaldías e a manter o goberno da Deputación da Coruña nas eleccións municipais do vindeiro ano. Así o afirmaron esta mañá na rolda de prensa celebrada na sede provincial dos socialistas coruñeses os secretarios de Organización do partido en Galicia e na provincia, Pablo García e Emilio Vázquez.
Segundo explicou Emilio Vázquez Blanco, os socialistas coruñeses esperan revalidar as 33 alcaldías coas que contan na actualidade na provincia e sumar algunhas máis, incrementando a súa representación alí onde non gobernan. “Gobernamos 33 dos 94 concellos da Coruña, entre eles as tres grandes cidades, gobernamos polo tanto á maioría dos cidadáns desta provincia”, afirmou Emilio Vázquez, que suscribiu a frase de José Luís Rodríguiez Zapatero afirmando que “estamos mellor do que parece e o ides a vivir”.
Vázquez Blanco afirmou tamén que os socialistas trázanse como obxectivo político para as municipais de 2011 manter o goberno da Deputación da Coruña, á que definiu como “unha das máis prestixiadas de España”, e contrapuxo o modelo de gobernos provinciais socialistas “de Moreda e Besteiro” coa forma de gobernar de Louzán e Baltar.
“O Partido Popular non ten proxecto para esta provincia, igual que Rajoy non o ten para España”, afirmou Emilio Vázquez, que criticou a política do PP de oporse a todo, definindo a Carlos Negreira e a Diego Calvo como “os señores do non”.
O secretario provincial de Organización referiuse tamén ao “problema” que os populares teñen en Ribeira para elixir o seu candidato, e suxeriulles que “consulten ás bases” como fan os socialistas “pois no PSOE son as bases as que elixen aos candidatos”.
Neste sentido pronunciouse tamén o secretario de Organización dos socialistas galegos, Pablo García, afirmando que os candidatos socialistas ás grandes cidades serán proclamados a finais mes de setembro porque “a democracia leva máis tempo que a “dedocracia”.
Segundo explicou Pablo García o Comité Federal do PSOE aprobou o pasado día 17 de xullo os prazos para a elaboración das listas das municipais de 2011 e agora será o PSdeG o que “marque o calendario en Galicia”.
García mostrouse “optimista” acerca dos resultados electorais na provincia á que definiu como “unha peza clave” para o proxecto galego dos socialistas.
Decreto do carbón
En referencia ao Decreto do carbón, o secretario de Organización dos socialistas galegos afirmou que “O PSdeG traballa para que se teñan en conta as peculiaridades galegas mentres o PP non fai nada”, e criticou que “o goberno galego tivo ocasión de recorrer contra o decreto durante a súa tramitación no Consello Consultivo e no Comité Nacional de Enerxía e non o fixo” .
Pablo García avogou por “estudar fórmulas para compensar os perxuizos que o decreto poda causar nos concellos onde se ubican as dúas centrais térmicas da provincia”, gobernados por alcaldes socialistas, que están a trasladar as súas propostas ao Ministerio de Industria.
Transfugismo en Silleda e Gondomar
En relación aos casos de transfugismo de Gondomar e Silleda, Pablo García afirmou que “excepto Feijoo e Louzán, todos viamos claramente que eran casos de transfugismo” e instou á dirección do Partido Popular a “dicir claramente si estes van a ser os seus candidatos ou non”.
García incidiu na gravedade das declaracións ante o xuíz dalgúns dos tránsfugas de Gondomar, que admitiron que as mocións non se facían por diverxencias políticas, senón “por millóns de euros” e preguntouse ata cando vai a seguir Feijoo amparando situacións como estas.
Segundo Pablo García “os galegos deberiamos denunciar ao presidente da Xunta por incumprimento de contrato”, en referencia á falta de transparencia da administración autonómica nas adxudicacións da autovía da Costa da Morte “por un sobrecoste máis de 400 millóns de euros” e da variante de Noia “á oferta máis cara”.
O PSdeG-PSOE provincial da Coruña elixiu esta mañá aos seus 19 delegados para o Congreso Federal do PSOE, que se celebrará a primeira fin de semana de febreiro en Sevilla. Ao Congreso Extraordinario Provincial, celebrado esta mañá na Coruña, concorreu unha soa lista de delegados, presentada polo presidente da Agrupación provincial, Francisco Caamaño, que a encabeza, seguido do secretario xeral dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda, da voceira socialista na cidade da Coruña, Mar Barcón, e do secretario de Organización provincial, Emilio Vázquez Blanco.
O PSdeG-PSOE pedirá á Xunta que medie ante o goberno central para conseguir “un marco tarifario estable” e “unha diminución dos costes regulados da factura eléctrica”, que permita o mantemento da actividade industrial da planta coruñesa de Alcoa. Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa o deputado no Parlamento de Galicia José Luís Méndez Romeu, e o concelleiro socialista na Coruña, Jesús Fernández, que incidiron na importancia para a cidade “dunha industria, que xera entorno a un milleiro de postos de traballo directos e indirectos”.
O presidente provincial considera que a delegación coruñesa “será unha peza clave” no Congreso Federal, e defende unha provincia “forte e capaz de defender cos seus delegados o que A Coruña pensa”

