Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Imágenes

  • Caamaño Muxia Prestige
  • Caamaño Muxia Prestige2
  • Caamaño Muxia Prestige3
  • Caamaño Muxia Prestige4
Nun acto en Muxía, “zona cero” do Prestige, no día en que se cumpren nove anos da catástrofe

Caamaño insta “a loitar cos votos” contra a “marea privatizadora” do Partido Popular

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses ao Congreso e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, participou esta tarde nun acto político en Muxía, “zona cero” da catástrofe do Prestige, coincidindo co noveno aniversario afundimento do buque fronte ás costas muxiáns.

13 Noviembre 11

Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses ao Congreso e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, participou esta tarde nun acto político en Muxía, “zona cero” da catástrofe do Prestige, coincidindo co noveno aniversario afundimento do buque fronte ás costas muxiáns.

No Salón de actos do Voluntariado da localidade muxiana, Caamaño afirmou que, tal día como hoxe, hai nove anos, “este país cambiou para sempre”, porque “unha gran enerxía quedou liberada: a forza da sociedade civil”.

“Desaparecidos os gobernos emerxeron os cidadáns”, afirmou o candidato socialista, que criticou o “abandono” ao que os gobernos do PP na Xunta e no Estado someteron aos galegos. “Cando miramos para o goberno, non había ninguén” e “cando mais necesitabamos o Estado, estaban todos de caza”, dixo Caamaño, citando a Manuel Fraga e a Álvarez Cascos.

“Ese día” afirmou o candidato socialista, “Galicia emancipouse dun poder político escuro, inútil, que cría que con subvencións mercábase a vontade das pesoas; ese día, descubrimos que o goberno do PP non servía para nada, estaba infectado de carcoma”.

“Hai nove anos, os galegos dixemos nunca máis. Nunca máis unha catástrofe como a do Prestige. Nunca máis un país indefenso. Nunca máis un goberno de ausentes. Nunca máis un mentiras. Nunca máis pan e turrón baixo o brazo. Nunca máis cidadáns abandonados. Nunca máis “hilillos de plastilina”. Nunca máis Fragas. Nunca máis Álvarez Cascos. Nunca máis Rajoys. Así que cumplamos a nosa palabra, e impidamos que xamais os nosos destinos volvan estar en mans de irresponsables”, sentenciou.

Francisco Caamaño afirmou que “o único que lle preocupaba ao PP era o Prestige non lle embadurnara a popularidade”, e tirou de hemeroteca para repasar algúns titulares coas afirmacións dos responsables de xestionar a catástrofe: dende a famosa comparación dos “hilillos de plastilina” de Mariano Rajoy, á disparatada proposta de bombardear o Prestige de Federico Trillo, pasando polos intentos de minimizar o vertido de Fernández de Mesa, augurando que o fuel non tocaría a costa galega, as variadas teorías sobre a solidificación do chapapote, ou a negación de López Sors, e do propio Rajoy, de que estiveramos ante unha marea negra.

Parar a “marea privatizadora”

“Aqueles tempos pasados pareceranse ao futuro se este país volve estar en mans de xente como Rajoy”, afirmou Caamaño, que considerou que a “axenda oculta” do candidato do PP “é máis medicina daquela que nos deron no pasado”.

“Esa maneira de actuar e escapar das responsabilidades, vai no seu ADN, e repetírona pouco despois, o 11-M, cando pretenderon facernos crer que fora ETA para que os cidadáns non lles fixeran pagar por levarnos a unha guerra”, afirmou.

Segundo Francisco Caamaño, “o PP de hoxe son os mesmos de 2002” e “preparan unha marea privatizadora das conquistas que acadamos en tres décadas entre todos como e educación, a sanidade pública, ou a dependencia”.

“No seu día, fronte ao chapapote, loitamos coas mans. Estabamos vendidos, sós, pero eramos moitos e sobrevivimos á catástrofe. Agora, diante da marea de privatizacións, temos que loitar de novo. Desta vez toca facelo cos votos. Se non nos rendimos, desembarcaremos á dereita das enquisas”, sentenciou.

“Na Costa da Morte xa dixemos Nunca máis, e que saiba o PP que somos xente de palabra”, concluíu o candidato socialista.

Fotos do mitin en:
http://www.flickr.com/photos/corunaconrubalcaba/

VIDEO SOBRE O ANIVERSARIO DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE
http://www.youtube.com/watch?v=XQwJW2rbbsQ

 

Otras Noticias

Fernández Moreda espera que a renovación das estruturas do partido sirva para “recuperar a ilusión de votantes e militantes”, fronte a unha dereita que “xa quitou a careta” e “ataca o corazón do Estado do Benestar”. 14 Abril 12

O PSdeG-PSOE da Coruña celebrará o 2 de xuño o seu Congreso Provincial, no que Fernández Moreda non será candidato á reelección

Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato

Os socialistas consideran que este novo “hachazo” ao SERGAS, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento galego, vai facer imposible atender os gastos de funcionamiento dos hospitais e centros de saúde. 12 Abril 12

O PSdeG cuantifica en 450 millóns o recorte que sufrirá a sanidade pública galega

A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.

Os socialistas consideran que un incremento do número de rapaces por aula pode afectar “á práctica totalidade dos profesores interinos” e ocasionaría “un descenso notable da calidade do ensino público”. 11 Abril 12

O PSOE provincial denuncia que o recorte educativo de Rajoy pon en risco 700 postos de traballo de profesores coruñeses

O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.