Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
14 Noviembre 11
O candidato do PSOE á presidencia do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, defendeu hoxe na Coruña que PSOE e PP encarnan valores "radicalmente distintos".
"Yo no soy igual que Rajoy", afirmou Rubalcaba, "no somos lo mismo, ni en el fondo, ni en la forma, ni por arriba, ni por abajo..ni en derechos, ni en economía ni en empleo".
Nun mitin ante máis dun milleiro de persoas, celebrado no Palexco da Coruña, o candidato socialista denunciou os recortes que o PP quere facer nestes ámbitos, ainda que non o diga explícitamente no seu programa electoral, e que xa está aplicando nas autonomías onde goberna."Si lo hace Feijóo, Cospedal, Aguirre y Fabra es porque a Rajoy le gusta", sentenciou.
Rubalcaba, que tivo que improvisar un pequeno mitin para os centos de persoas que quedaron fóra da sala, ao encherse completamente o aforo do local, foi recibido con aplausos e gritos de "presidente, presidente", e pediu o apoio dos cidadáns para "salir todos juntos de la crisis, sin que nadie se quede atrás".
En referencia aos recortes do PP, o candidato do PSOE afirmou que mentres os socialistas propoñen "mantener derechos", a Xunta de Galicia e o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, ", ha asomado la patita y no solo ha dicho que le gusta el copago, sino que ha lanzado un decreto sanitario que apesta a copago", no que se contempla o cobro polo "uso irresponsable" dos servizos sanitarios.
"El PP nunca ha apoyado el divorcio y también quieren retroceder en los matrimonios del mismo sexo y la igualdad entre hombres y mujeres", afirmou o cabeza de cartel socialista acerca dos recursos presentados polo PP ante o Tribunal Constitucional. "Yo creo y defiendo que cada persona pueda vivir, casarse y dormir con quien quiera",, afirmou, censurando os "matices" de Rajoy. "Es como si dijese: a mí no me importa que duerman después de comer, pero que no le llamen siesta", afirmou.
Rubalcaba criticou tamén que o PP quera modificar o sistema de prestacións por desemprego polo sistema de "capitalización" que, segundo o líder socialista, suporá "que habrá menos prestación, en cantidad y en tiempo", advertiu, polo que "tendrán que decir la verdad a los españoles".
"En democracia nada es tan importante como un voto", afirmou o candidato socialista, que insistiu na importancia dos comicios do vindeiro 20N e pediu aos críticos e "desencantados" o seu apoio fronte aos que cren que son os mercados os que gobernan.
Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato
A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.
O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.

