Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
14 Noviembre 11
Milleiros de cidadáns da provincia seguiron durante a xornada de hoxe os primeiros “mítines en ruta” que o candidato do PSOE á presidencia do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, realizou nas localidades de Betanzos, Sigüeiro (Oroso) e Rianxo.
Tras as dúas intervencións desta mañá na cidade da Coruña, unha delas para os centos de simpatizantes que non podeiron entrar na sala de Palexco onde se celebrou o mitin, Rubalcaba percorreu a provincia cunha campaña de pequenos mítines que levantaron unha enorme expectación entre os veciños de Betanzos, Oroso e Rianxo.
“Mi reación ante las encuestas es trabajar más, me voy a dejar la piel”, afirmou o candidato socialista , que pediu aos veciños a súa colaboración para facer chegar a mensaxe dos socialistas a todos os recunchos da provincia: “tenéis que decirle a la gente que no se puede quedar en casa” o día das eleccións, afirmou.
Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato
A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.
O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.

