Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
15 Noviembre 11
O cabeza de lista dos socialistas coruñeses ao Congreso e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, afirmou hoxe que “o Partido Popular, cando non ten a quen culpar dos seus problemas, encarga un informe, paga un millón de euros por él, e problema resolto”.
“É o que fixo coas caixas, pediu un informe que dicía que da fusión sairía a quinta caixa de España, e agora resulta non temos caixas en Galicia”, afirmou Caamaño, que advertiu de que “podería pasar o mesmo co sector naval: que paguemos o que non temos polo informe, e despois quedemos sen cartos e sen sector naval”.
Para o candidato socialista, “cada vez que a Xunta ten un problema, dálle unha patada cara adiante, e resólveo temporalmente”; pero considerou que “ésta non é a forma de solucionar os problemas”, porque “xera falsas expectativas”.
Caamaño fixo estas afirmacións durante o mitin celebrado esta tarde no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, no que estivo acompañado polo exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez, e polo voceiro municipal dos socialistas na localidade, Juan Penabad.
O cabeza de lista dos socialistas coruñeses defendeu tamén “as posibilidades” de desenvolvemento coas que conta Galicia, a pesar da crise, e acusou á Xunta de Galicia de estar “ausente” e non saber aproveitar estas grandes potencialidades.
“Este país ten galegos dispostos a traballar e sacrificarse, temos capacidade e autoestima, só nos falta un goberno que crea en Galicia”, afirmou Caamaño en alusión á Xunta de Feijóo, á que acusou de aplicar recortes no ámbito social, sanitario e educativo como “a supresión da gratuidade dos libros de texto”, ou “o repago” na sanidade, que son “un adianto do que fará Rajoy se chega ao Goberno”, afirmou.
“Somos moitos os que defendemos o dereito a disfrutar dunha sanidade e dunha educación públicas e universais; somos unha maioría os que cremos na igualdade de oportunidades; somos unha maioría os que non queremos dar pasos atrás no estado do benestar. Sexamos tamén unha maioría nas urnas”, pediu Caamaño aos asistentes.
Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato
A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.
O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.

