Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
17 Noviembre 11
O cabeza de lista dos socialistas coruñeses ao Congreso e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, afirmou hoxe que a Lei de Dependencia “é perfectamente sostible e viable, ten o seu proxecto de financiación, e pódese levar a cabo”, a través da busca de novos ingresos como a suba impositiva “ás rendas máis altas”.
Segundo Caamaño, un imposto sobre as grandes fortunas, “como o que xa existe noutros países europeos”, facilitaría “os recursos necesarios para atender aos sectores máis necesitados da poboación”.
Francisco Caamaño fixo hoxe estas declaracións en referencia á entrevista publicada hoxe a Mariano Rajoy, na que asegura que a Lei de Dependencia “non é viable”, e advertiu que cuestións como ésta fan que as eleccións xerais do vindeiro domingo “sexan tan importantes” para o futuro.
O cabeza de lista do PSOE coruñés criticou tamén “a permanente indefinición” de Rajoy que “está afectando á estabilidade” económica do país. Neste sentido, instou ao líder do PP a “explicar o que vai a facer a partir do día 21”.
Francisco Caamaño fixo estas declaracións durante a visita que esta mañá realizou á sede compostelana da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), da que gabou “o gran labor social” que desenvolve.
Segundo explicou o cabeza de cartel dos socialistas, COGAMI non só emprega directamente a persoas con discapacidade nas súas empresas, senón que “coloca no mercado laboral a máis de 2.400 persoas cada ano”.
Para o candidato do PSOE as administracións públicas deben seguir apoiando a este tipo de organizacións, que son “unha axuda moi necesaria para as persoas con discapacidade e as súas familias”.
Pola súa banda, o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, agredeceu a visita do ministro hoxe “e moitas outras veces”, nas que “se interesou e preocupou por estes temas”
Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato
A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.
O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.

