Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
18 Noviembre 11
O cabeza de lista dos socialistas coruñeses e ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, instou hoxe aos galegos a votar polo PSdeG-PSOE nas eleccións do vindeiro domingo “para que a política prime sobre a economía; para que os dereitos se impoñan sobre os recortes, e para que a sociedade estea por enriba dos poderes financieiros”.
Caamaño, que advertiu do moito que nos xogamos nestes comicios, pediu tamén o voto para a lista que encabeza “porque hai dous modelos diferentes, dúas formas de saír da crise: todos xuntos, sen que ninguén quede atrás, como propón PSOE, ou deixando que os que menos teñen paguen as consecuencias dunha crise que eles que non causaron”.
“Non é o mesmo que goberne a esquerda ou que o faga a dereita. Non é o mesmo Rubalcaba que Rajoy. Non é o mesmo un candidato que cre no que di, que un candidato que le o que di”, sentenciou Francisco Caamaño, que defendeu “a seguridade” que ofrece Rubalcaba en aspectos como garantir a prestación por desemprego, a atención aos dependentes, ou a sanidade e a educación pública, fronte “á intertidume e os depende” de Rajoy.
Os resultados das receitas do PP en Galicia
Neste sentido, afirmou que, “en Galicia, Feijóo xa nos adiantou cales serán as receitas de Rajoy para saír da crise, e os seus resultados están á vista: o paro increméntase o dobre que no resto de España, mentres se recorta en educación, sanidade e políticas sociais”.
“Galicia xa cometeu un erro histórico confiando en Feijóo. Non podemos cometer outro confiando agora en Rajoy. Serían demasiados erros para a historia galega”, afirmou o cabeza de lista do PSOE coruñés.
Máis de 6.500 quilómetros percorridos
Caamaño, que participou esta noite co resto de candidatos socialistas da provincia na festa-mitin de peche de campaña dos socialistas coruñeses, tivo palabras de agradecemento para todos os que, dun xeito ou outro, colaboraron na “intensa” precampaña e campaña electoral, con 150 actos en máis de 60 concellos da provincia da Coruña; na que o cabeza de lista socialista percorreu máis de 6.500 quilómetros.
“O esforzo pagou a pena”, dixo o ministro socialista, que agradeceu “o traballo, a ilusión, e o compromiso dos militantes e simpatizantes” do PSOE que, dende todas as agrupacións da provincia, contribuíron á campaña e á difusión do programa socialista.
“Estou orgulloso de pretencer a un partido, o PSOE, que sabe facer autocrítica, dar a cara e responder ante a sociedade”, afirmou Francisco Caamaño, antes de pedir o voto para a candidatura socialista que encabeza para “parar á dereita”.
Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato
A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.
O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.

