Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
09 Diciembre 11
O PSdeG-PSOE presentará mocións nos concellos da provincia da Coruña instando á Xunta de Galicia a derogar a Orde do 5 de setembro da Consellería de Sanidade e o seu protocolo de aplicación, “que está a privar ás persoas sen recursos, parados de longa duración e inmigrantes do seu dereito á atención sanitaria, rachando cos principios de equidade e universalidade dos servizos sanitarios públicos de Galicia”.
Así o confirmou esta mañá a secretaria de Sanidade da executiva provincial socialista, Natividad González Laso, que considerou que o goberno de Núñez Feijóo “atenta contra dereitos recollidos na Constitución e na Lei xeral de sanidade de 1986, que no seu artigo 1.2 consagra o dereito á atención sanitaria, baseándose no concepto de cidadanía, e non de afiliación e alta na Seguridade Social”.
“O financiamento da sanidade pública xa non procede exclusivamente das cotizacións sociais, senón que ten unha orixe tributaria, é dicir, provén de impostos xerais como o IRPF ou o IVE, e de impostos especiais como os que gravan os hidrocarburos, o tabaco, o alcohol e demáis”, apuntou González Laso, que subliñou que “todos contribuímos cos impostos a financiar a sanidade e todos temos dereito a ser atendidos no sistema público de saúde”.
O texto da moción recolle ademáis outras normas estatais e autonómicas que avalan o dereito á sanidade pública universal en España como o R.D. 1088/1989, de 8 de setembro, que garante, no seu artigo primeiro, o acceso á atención sanitaria da cidadanía sen capacidade de efectuar cotizacións á Seguridade Social, recoñecendo as prestacións aos cidadáns que teñan establecida a súa residencia en España e carezan de recursos económicos suficientes; ou o R.D. 63/1995, de 20 de xaneiro, que recoñece a “universalidade” do dereito á asistencia sanitaria e establece “a garantía da igualdade sustancial de toda a población en canto a prestacións sanitarias e a inexistencia de calquera tipo de discriminación no acceso, administración e réxime de prestación dos servizos sanitarios”.
Para a voceira socialista, a Orde da Consellería de Sanidade “fai unha interpretación antiga e desfasada dos dereitos dos cidadáns, volvendo a falar de “beneficiarios” e requisitos de alta na Seguridade Social, para poder ser atendido nos servizos sanitarios públicos, o que supón unha volta ao ano 1942”.
Aemáis, no seu protocolo de aplicación, califica como “privados” aos parados que rematan a súa prestación por desemprego, aos inmigrantes, e ás persoas sen recursos, failles asinar un compromiso de pago da asistencia realizada, e esixe unha multitude de trámites burocráticos, non superables en menos de 3 ou 6 meses, para recuperar o dereito de recibir atención sanitaria.
González Laso considerou ademáis “moi grave” que esta “decisión política” do goberno da Xunta “non lle fora comunicada previamente aos usuarios da sanidade galega, que se atoparon, de repente, con cartillas sanitarias anuladas que impedían o acceso ás consultas e aos produtos farmacéuticos, unha cuestión especialmente grave e despiadada no actual contexto de crise económica que afecta ás familias galegas”.
Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato
A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.
O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.

