Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Fernández Moreda considera que o Congreso Federal de Sevilla será “un punto de inflexión na historia do partido, como o foi Suresnes”, e avoga por “reformas ideolóxicas e orgánicas” e pola “dinamización” das agrupacións locais para recuperar a confianza do electorado

Caamaño pide "consenso" na elección dos 19 delegados coruñeses ao Congreso Federal do PSOE, "para que defendan o mandato político das bases da Agrupación"

O presidente provincial considera que a delegación coruñesa “será unha peza clave” no Congreso Federal, e defende unha provincia “forte e capaz de defender cos seus delegados o que A Coruña pensa”

18 Diciembre 11

Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE, celebrado esta mañá na cidade da Coruña, aprobou por unanimidade a convocatoria, o vindeiro 21 de xaneiro, dun Congreso Provincial extraodrinario no que se elixirán os 19 delegados coruñeses para o 38 Congreso Federal do PSOE, que se celebrará en Sevilla do 3 ao 5 de febreiro.

Segundo afirmou o presidente da Agrupación Provincial Socialista e ministro de Xustiza en funcións, Francisco Caamaño, os delegados coruñeses serán “unha peza clave” no proceso do Congreso Federal do que sairá o novo secretario xeral do PSOE e, neste sentido, propuxo “que consensuemos os dezanove delegados para que representen o espírito certo da militancia da Coruña”.

Posicións propias, marcadas pola militancia

“Gustaríame que comezaramos a decidir por nós mesmos, sen interferencias alleas de ninguén, que teñamos posicions propias, marcadas pola militancia desta agrupación provincial”, afirmou Caamaño, que pediu aos militantes “un esforzo por acadar unha mesma posición”, co obxectivo de “levar un mandato político que exprese o que queren as bases da agrupación”.

Caamaño instou aos socialistas coruñeses a “unir esforzos e olvidar as tensións do pasado” para lograr “unha Coruña máis forte, capaz de defender cos seus delegados o que A Coruña pensa”, porque “só así empezaremos a gañar o respecto dos cidadáns e de nós mesmos”

O presidente dos socialistas coruñeses avogou tamén por “abrir o partido” e propiciar unha maior participación “incrementando o peso da militancia nos órganos de decisión”, polo que presentou unha proposta, que foi aprobada por aclamación no Comité Provincial, para “acadar un equilibrio entre a máxima participación da militancia da provincia e a adecuada representación de cada unha das agrupacions que existen no noso territorio” de cara ao próximo Congreso Provincial.

“Intentemos nomear aos nosos delegados co máis amplo consenso posible, intentemos ter un mandato político do que pensa A Coruña, para que saiban hacia onde queremos ir, e intentemos incrementar a participación da militancia nos procesos de decisión”, pediu Caamaño aos membros do Comité provincial.

Moreda considera o congreso “un punto de inflexión como Suresnes”

Pola súa banda, o secretario provincial dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda, afirmou que o Congreso Federal de Sevilla “debería ser un punto de inflexión na historia do partido, como o foi o de Suresnes”, e avogou por un “rearme ideolóxico” do PSOE, propiciado “por un debate interno de ideas no que participe a sociedade civil”, que non eluda a “autocrítica” e conxuge “os valores da socialdemocracia clásica con propostas de progreso que nos conecten coas novas realidades xurdidas na sociedade actual do coñecemento e a globalización”.

Moreda suscribiu a proposta de Caamaño afirmando que “me gustaría que fosemos capaces de facer unha lista de delegados que nos represente a todos”.

“Equívocanse os que pensan que quedándonos parados, esperando o fracaso do PP, volveremos a gañar as eleccións”, afirmou Moreda, que considerou que na recuperación electoral do PSOE xogará un papel clave “a dinamización das agrupacións locais”.

Considerou tamén que os socialistas deben reforzar no seu discurso político o papel do Estado como garante da igualdade de oportunidades e como instrumento para a redistribución da riqueza, “para que ningún cidadán quede en situación de desamparo”, así como abordar unha maior participación da sociedade civil.

Reformas no ámbito ideolóxico e orgánico

Para Fernández Moreda é necesario que os socialistas aborden “reformas profundas no ámbito ideolóxico e orgánico”, que permitan tamén unha maior democracia interna e participación dentro do partido.

O secretario provincial coruñés considerou que cuestións como a limitación de mandatos a nivel orgánico e institucional, o regulamento estricto de incompatibilidades, o fomento do debate interno, os procesos de primarias “á francesa”, ou a creación de oficinas parlamentarias de atención ao cidadán, “deben ser tamén obxecto de debate e reflexión neste congreso”.

“Ningún vento é malo cando temos o rumbo fixado”, afirmou Fernández Moreda, que manifestou o seu desexo de que o Congreso Federal “marque o rumbo preciso, porque o vento son os millóns de españois que son de esquerdas que queren recoñecer o PSOE como unha alternativa de esquerda”.

 

Otras Noticias

Fernández Moreda espera que a renovación das estruturas do partido sirva para “recuperar a ilusión de votantes e militantes”, fronte a unha dereita que “xa quitou a careta” e “ataca o corazón do Estado do Benestar”. 14 Abril 12

O PSdeG-PSOE da Coruña celebrará o 2 de xuño o seu Congreso Provincial, no que Fernández Moreda non será candidato á reelección

Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato

Os socialistas consideran que este novo “hachazo” ao SERGAS, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento galego, vai facer imposible atender os gastos de funcionamiento dos hospitais e centros de saúde. 12 Abril 12

O PSdeG cuantifica en 450 millóns o recorte que sufrirá a sanidade pública galega

A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.

Os socialistas consideran que un incremento do número de rapaces por aula pode afectar “á práctica totalidade dos profesores interinos” e ocasionaría “un descenso notable da calidade do ensino público”. 11 Abril 12

O PSOE provincial denuncia que o recorte educativo de Rajoy pon en risco 700 postos de traballo de profesores coruñeses

O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.