Secciones
Servicios
Boletín

Para usuarios registrados: Identificarse

Fernández Moreda demanda que se priorice o apoio económico aos concellos, e critica os importantes recortes que experimentan “áreas clave” como cooperación e asistencia a municipios

O grupo socialista na Deputación da Coruña abstense na votación dos orzamentos, “que pasan de facer máis con menos” a “facer moito menos con menos”

“Estes non son os orzamentos que nós fariamos. As nosas prioridades nesta época de crise serían diferentes e fariamos axustes noutras partidas, pero entendemos a dificultade do momento, que previsiblemente se vai manter ao longo de todo o mandato”, afirmou o portavoz socialista na Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, ao anunciar a postura do seu grupo, que se abstivo hoxe na votación dos orzamentos da institución provincial para o ano 2012, que diminúen nun 22% (38 millóns de euros) con respecto ao presente exercicio.

16 Diciembre 11

Votar:

Votar:

Compartir:

  • Del·licious
  • Meneame
  • Facebook
  • Twitter
  • GoogleBookMarks

“Estes non son os orzamentos que nós fariamos. As nosas prioridades nesta época de crise serían diferentes e fariamos axustes noutras partidas, pero entendemos a dificultade do momento, que previsiblemente se vai manter ao longo de todo o mandato”, afirmou o portavoz socialista na Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, ao anunciar a postura do seu grupo, que se abstivo hoxe na votación dos orzamentos da institución provincial para o ano 2012, que diminúen nun 22% (38 millóns de euros) con respecto ao presente exercicio.

Férnández Moreda lembrou que a estratexia orzamentaria do anterior goberno provincial socialista caracterizábase por “facer máis con menos”, e considerou que o actual goberno aplica a filosofía contraria neste orzamento, “que é facer moito menos con menos”.

“Entendemos que hai que facer axustes no investimento debido a que os ingresos se reducen en 38 millóns de euros, pero creo que deberían tratar de consensuar cos grupos da oposición en qué partidas efectuar estes recortes”, afirmou o portavoz provincial socialista, que reprochou ao goberno provincial que non buscara o consenso no proceso de elaboración das contas do próximo exercicio, “algo que nós fixemos sempre cando nos tocou gobernar, e que na época de dificultades e incertidume que vivimos é máis necesario que nunca”.

“É o goberno o que debe buscar o consenso, que sempre é necesario, e máis aínda en épocas de crise. Nós dende a oposición ofrecémosllo, porque os próximos anos van ser duros para esta institución e para os concellos da provincia”, afirmou.

 

 

 

Salvador Fernández Moreda cualificou a abstención do seu grupo como “un exercicio de responsabilidade nos tempos difíciles que atravesamos” e considerou que, “se en circunstancias normais o orzamento é un acto de fe, nas circunstancias que vivimos é case unha adiviña, pois descoñecemos cal vai ser o importe das transferencias do Estado, polo que os gastos estarán condicionados polo maior ou menor acerto na previsión de ingresos”.

O portavoz do Grupo Socialista retomou unha demanda histórica: a participación da Deputación nos tributos da comunidade autónoma, afirmando que “a Xunta de Galicia segue incumprindo reiteradamente o mandato constitucional contido no artigo 142 da Constitución española, que dispón que as entidades locais participarán nos tributos do Estado e das comunidades autónomas”.

Máis apoio aos concellos

Neste sentido, Fernández Moreda demandou ao goberno provincial que priorice o apoio económico aos concellos e “no caso de que se produzan maiores ingresos dos previstos se destinen na súa totalidade aos concellos, mentres que se existe unha diminución na estimación, ésta non afecte os investimentos municipais”, porque “nun momento no que está en cuestión a propia existencia das deputacións, debemos volcar o noso traballo en facelas máis útiles para os concellos”.

“A competencia nuclear das deputacións é a cooperación e asistencia aos municipios, e é xustamente esa partida a que nunca deberiamos reducir”, afirmou o portavoz socialista, antes de detallar que o orzamento nesta área reducirase en 2012 en 11,5 millóns de euros, o que supón un recorte do 39.32 % con respecto ao exercicio actual, moi por encima da redución global do orzamento, que é dun 22%.

Moreda destacou tamén a importante redución de 705.451.150 euros no financiamento de consorcios e a supresión total das axudas ao Consorcio das Mariñas, “algo que contrasta coas reiteradas declaracións do presidente dicindo que hai estimular a creación de consorcios, mancomunando servizos. Mal podemos estimular a este tipo de entidades se deixamos de apoialas desde a Deputación”, subliñou.

O portavoz socialista fixo tamén fincapé nas importantes reducións que experimenta o orzamento no Capítulo VI de investimentos, que pasa de 24.611.102,50 € a 11.756.674 €, o que supón un recorte de máis do 52%; e no Capítulo IV de transferencias correntes, que experimentan unha redución de 8,2 millóns de euros, dos que 4,35 millóns recórtanse aos concellos e 2,86 millóns a familias e entidades sen ánimo de lucro.

Segundo os socialistas, as partidas destinadas a apoiar sectores produtivos como o agrario ou o pesqueiro ven tamén considerablemente mermadas, con reducións no orzamento de 660.000 e 525.000 euros, respectivamente, así como os programas de acción comunitaria, que se rebaixan en 1 millón de euros para os concellos e en 1.190.000 euros para as entidades sen fins de lucro.

 

Fernández Moreda criticou tamén que “mentres se reduce en 9,1 millóns de euros o orzamento destinado a estradas provinciais, destínanse 750.000 euros para a construción da rotonda de Sabón, que é unha obra moi necesaria, pero está nunha estrada de titularidade autonómica, polo que o seu financiamento corresponde á Xunta de Galicia”.

O portavoz socialista fixo tamén referencia á achega da Consellería de Traballo por importe de 1,5 millóns de euros para que sexan transferidos aos concellos co obxectivo de desenvolver accións de fomento do emprego local, algo que valorou “positivamente”, aínda que anunciou que “estaremos atentos ás bases para ver como se van a distribuír estas cantidades entre todos os concellos” e censurou o feito de que, “ao transferir o diñeiro cunha finalidade específica, convértese á Deputación nun mero intermediario”.

Redución real do gasto social

Con respecto ao incremento en 225.000 euros do gasto social nos orzamentos de 2012, Fernández Moreda lembrou que, nesta materia, as previsións orzamentarias do anterior goberno eran de 8.948.100 euros, pero que nos seis primeiros meses do ano incrementáronse até os 16.446.671 euros; mentres que a previsión para 2012 é de 9.174.008 euros.

O portavoz socialista lembrou ademais que, con cargo a estas partidas, tratarase de compensar aos concellos para manter o persoal dos servizos municipais de axuda a domicilio, “despois do brutal recorte do 80% que efectuou a Xunta nos orzamentos do Plan Concertado”, algo que, segundo Fernández Moreda, “obviamente vai custar algo máis que estes 225.000 euros de incremento no orzamento preventivo”.

“Neste asunto tampouco entendemos porqué temos que financiar algo que tería que financiar a Xunta”, afirmou.
 

Otras Noticias

Fernández Moreda espera que a renovación das estruturas do partido sirva para “recuperar a ilusión de votantes e militantes”, fronte a unha dereita que “xa quitou a careta” e “ataca o corazón do Estado do Benestar”. 14 Abril 12

O PSdeG-PSOE da Coruña celebrará o 2 de xuño o seu Congreso Provincial, no que Fernández Moreda non será candidato á reelección

Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato

Os socialistas consideran que este novo “hachazo” ao SERGAS, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento galego, vai facer imposible atender os gastos de funcionamiento dos hospitais e centros de saúde. 12 Abril 12

O PSdeG cuantifica en 450 millóns o recorte que sufrirá a sanidade pública galega

A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.

Os socialistas consideran que un incremento do número de rapaces por aula pode afectar “á práctica totalidade dos profesores interinos” e ocasionaría “un descenso notable da calidade do ensino público”. 11 Abril 12

O PSOE provincial denuncia que o recorte educativo de Rajoy pon en risco 700 postos de traballo de profesores coruñeses

O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.