Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
21 Enero 12
O PSdeG-PSOE provincial da Coruña elixiu esta mañá aos seus 19 delegados para o Congreso Federal do PSOE, que se celebrará a primeira fin de semana de febreiro en Sevilla.
Ao Congreso Extraordinario Provincial, celebrado esta mañá na Coruña, concorreu unha soa lista de delegados, presentada polo presidente da Agrupación provincial, Francisco Caamaño, que a encabeza, seguido do secretario xeral dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda, da voceira socialista na cidade da Coruña, Mar Barcón, e do secretario de Organización provincial, Emilio Vázquez Blanco.
O resto dos integrantes da lista son: Beatriz Sestayo Doce (Ferrol), Nieves Lagares (Santiago), Valentín González Formoso (As Pontes) , Julio Sacristán de Diego ( Culleredo) , Vanesa Reboredo Fraga (Oroso) , José Manuel Lage Tuñas (Noia) , Caridad González Cerviño (Muros) , Pedro Armas Diéguez (A Coruña), Yago de Ron Fernández Mosquera (A Coruña) , Pilar Souto Iglesias (Arteixo), Xoaquín Fernández Leiceaga (Santiago) , María Aguilleiro Fernández (Dumbría), Enrique Vázquez Naveira (A Baña), Rafael Fernández Beceiro (Ferrol) e Catalina García Blanco (Narón).
Como suplentes figuran Julio Iglesias Redondo (Ares), Alejandra Pérez Máquez (Bergondo), Miguel Ángel Buján Varela (Toques), Silvia Fraga Santos (Cerceda) e Encarna Liñeiro Pouso (Camariñas).
A lista foi aprobada por 85 votos a favor, 49 votos en branco, e 8 votos nulos.
O presidente da Agrupación provincial do PSOE coruñés, Francisco Caamaño, agradeceu a “unidade” dos socialistas coruñeses, “que nos vai a permitir recuperar esa forza e esa ilusión que necesitamos tamén para Galicia e para España” e gabou a “xenerosidade” e “colaboración” das persoas que non están na lista de delegados a Sevilla para facer posible este acordo
Segundo o presidente dos socialistas coruñeses, “a lista intenta proxectar a diversidade da provincia nunha vontade de unidade política do socialismo coruñés”, tal como comprometera o propio Caamaño ante o Comité provincial dos socialistas coruñeses celebrado o pasado mes de decembro, no que se aprobou tamén levar a Sevilla “un mandato de “un mandato de renovación e transformación” do partido.
Na proposta de resolución presentada por Camaño e aprobada hoxe no Congreso provincial, afirmase que “a Agrupación Provincial da Coruña, cara o vindeiro 38 Congreso Federal, desexa expresar o seu sentir maioritario a prol dun proceso de modernización e renovación dos métodos e estruturas organizativas do PSOE, co fin de acadar unha maior apertura do noso partido á sociedade, potenciar a participación dos militantes na toma de decisións, revitalizar o discurso político da socialdemocracia e relanzar con enerxía e unidade de acción política un proxecto atractivo e comprometido cos cidadáns, que abra un novo tempo para a esquerda política en España”
“Apostamos por un socialismo integrador, dinámico, construido de abaixo arriba, aberto á cidadanía e atento aos cambios sociais. Apostamos por un socialismo firme na defensa dos seus valores, e por unha organización política máis accesible e transparente, disposta a implicarse máis no tecido social”, continúa o texto, que remata afirmando que “noemamos a dezanove compañeiros e compañeiras para nos representar e transmitir o seu espíritu de renovación, a ilusión e a vontade de unidade e traballo de todos e todas as socialistas da provincia”.
Na súa intervención, Caamaño afirmou tamén que “o partido que en España ten unha verdadeira democracia interna é o PSOE, e non temos que ter medo a esto, debemos estar orgullosos de facelo así”.
Novas propostas programáticas e cambios orgánicos e estructurais
Neste sentido, o secretario provincial dos socialistas coruñeses, Salvador Fernández Moreda, avogou por máis transparencia e máis participación, por buscar “novas propostas programáticas que se adapten ás novas realidades sociais”, e por promover “cambios orgánicos e estructurais profundos” para facer un partido máis atractivo e aberto á sociedade.
“Estamos orgullosos do que fumos en 130 anos de historia, e orgullosos do que somos e do que fixemos. Non se pode entender a España actual sen as achegas do PSOE, pero os cidadáns non nos van a votar polo que fixemos, senón polo que propoñemos para o futuro”, afirmou Fernández Moreda, que se mostrou convencido de que “O PSOE estará á altura dos retos que se presentan”.
Con respecto á elección de delegados, Salvador Fernández Moreda afirmou que “a lista nos representa a todos”, e considerou que “o partido necesita exemplos como o que damos hoxe aquí, porque é moito o que nos une e moi pouco o que nos separa”.
522 emendas á Ponencia Marco
Os socialistas coruñeses debateron e aprobaron tamén 522 emendas á Ponencia Marco presentadas polas agrupacións da provincia, entre as que destacan polo seu número as que piden unha maior democracia interna e apertura do partido á sociedade, con medidas como a regulación dos debates entre candidatos, eleccións primarias para a elección de candidatos, a definición do papel dos simpatizantes no partido, a recuperación das estruturas comarcais de xeito que sexan compatibles coas provinciais, a limitación de mandatos ou as listas abertas.
Tamén foron moi numerosas as emendas relacionadas coa defensa dos piares do Estado do Benestar ( sanidade, educación, pensións e dependencia), así como as de carácter municipalista, que propoñen cuestións como a fusión de concellos, o apoio á creación de consorcios e mancomunidades, ou o impulso á participación da sociedade civil na vida municipal.
Os socialistas coruñeses celebrarán o vindeiro 2 de xuño o seu Congreso Provincial Ordinario, no que o actual secretario xeral, Salvador Fernández Moreda, non será candidato á reelección, segundo anunciou durante a súa intervención ante o comité provincial do partido celebrado esta mañá na cidade da Coruña.Subliñou que cumpre así o compromiso, adquirido o mesmo día de ser elixido para o cargo, hai algo máis de dous anos, de permanecer á fronte da agrupación provincial da Coruña só un mandato
A secretaria de Sanidade da excecutiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, Natividad González Laso, denunciou hoxe “que a decisión do goberno do Sr. Rajoy de minorar en 7.000 millóns de euros os fondos de sanidade destinados ás comunidades autónomas, impedirán atender as xa limitadas previsións feitas pola Consellería de Sanidade para este ano”, toda vez que é unha decisión tomada “despois de terse aprobado os orzamentos da nosa comunidade para o ano 2012, nun momento no que xa está comprometido o 90% do orzamento”.
O secretario de Educación da executiva provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Antonio Álvarez Cisneros, denunciou hoxe que os recortes en materia educativa do goberno de Rajoy “poden ocasionar a perda duns 700 postos de traballo de persoal docente na provincia, a práctica totalidade dos interinos”, dos que uns 250 concentraríanse na comarca coruñesa.

