Comunidades >> Provincial de A Coruña >> Noticias
Francisco Caamaño foi elixido esta tarde secretario xeral da Agrupación provincial socialista da Coruña, tras recibir o respaldo dun total de 106 dos 183 delegados acreditados ao Congreso socialista, celebrado hoxe na Coruña.
Despois de que non se lograse un acordo para presentar unha lista unitaria entre as tres candidaturas que concorrían ao congreso durante a mañá, Caamaño obtivo nas votacións 106 votos, preto do 59% dos sufraxios, frente aos 37 votos de José Manuel Lage Tuñas e os 36 de Valentín González Formoso. Computouse tamén un voto en branco.
Na súa primeira intervención como secretario xeral, Francisco Caamaño agradeceu o apoio recibido e subliñou que “hoxe aprendín a forza da militancia do PSOE e que a democracia é máis poderosa que calquer outra cousa. Esa lección recibina de vós, os que estades aquí sentados”.
Enerxía renovada
Caamaño deu as gracias a Lage e a Formoso, que percorreron tamén as 90 agrupacións socialistas da provincia para expor o seu proxecto político á militancia, e trazouse como obxectivo as próximas eleccións autonómicas e municipais. “Imos a gañar ás eleccións á Xunta”, sentenciou, “entre todos imos a mellorar e imos a crecer. Hai unha enerxía renovada nesta sala e esta forza vaise convertir en votos”, proclamou antes de comprometerse a “traballar para que os nosos concelleiros se sintan reforzados”.
Para iso, Caamaño emprazou aos membros da nova executiva provincial que se elixen esta tarde a “camiñar pola provincia” e estar presentes “a pé de obra”, día a día, en todos os concellos para dar conta da “forza do socialismo da Coruña”.
Francisco Caamaño declarouse orgulloso de pertencer ao Partido Socialista “porque hai poucos partidos que fagan un exercicio como o que nós facemos”, en referencia á democracia interna dos procesos orgánicos.
Caamaño substitúe no cargo a Salvador Fernández Moreda, cuxa xestión foi aprobada esta mañá durante o Congreso con 80 votos a favor, 20 en contra e 16 abstencións.
A comisión executiva provincial, que estará conformada por 32 membros e experimenta unha importante renovación, foi aprobada polo 62% dos votos ( 83 a favor e 51 e n branco) e está integrada por:
Secretario Xeral: Francisco Caamaño Domínguez
Secretario de Organización e Acción Electoral: Emilio Vázquez Blanco
Secretaria de Relacións Institucionais: Begoña Rodriguez Rumbo
Secretario de Política Municipal: Xosé Sánchez Bugallo
Secretaría de Políticas Sociais: Gloria del Valle
Secretaría de Facenda Local: Diego Taibo
Secretaría de Formación: Xosefa Hermo
Secretaría de Industria e Enerxía: Manuel Teijeiro González
Secretaría do Mar: Marisol Soneira Tajes
Secretaría de Economía e Emprego: Verónica Gómez
Secretaría de Ordenación do Territorio e Urbanismo: Luís Vázquez Rodríguez
Secretaría de Medio Rural: Samuel Lago Ozón
Secretaría de Dereitos e Liberdades: Margarita Iglesias País
Secretaría de Educación: Antonio Álvarez Cisneros
Secretaría de Sanidade: Jorge Tuñas Caamaño
Secretaría de Participación Cidadá: Monserrat Santos Lorenzo
Secretaría de Deportes: Bernardo Fernández Piñeiro
Secretaría de Igualdade: Noemí Fernández Calveiro
Secretaría de Medio Ambiente: José Miguel Alonso Pumar
Secretaría de Cultura e Turismo: Caridad González Cerviño
Secretaría de Estudos e Programas: Esther Fontán Prado
Secretaría de Mocedade: Julián Reina Vilallong
Secretaría de Cooperación e ONG´s: Guadalupe Rodríguez Silva
Secretaría de Novas Tecnoloxías e Redes Sociais: Andrés Hermida
Secretaría Executiva: Begoña Balado Conde
Secretaría Executiva: Miguel Anxo Otero Fragoso
Secretaría Executiva: Manuel Amado Vázquez
Secretaría Executiva: Beatríz Domínguez Siaba
Secretaría Executiva: Alejandra Pérez Máquez
Secretaría Executiva: José Mato Pet
Secretaría Executiva: Carmen Fernández Morante
Secretaría Executiva: Lidia Myrón Moares
Ademáis elixixronse 37 novos membros do comité provincial. A lista foi aprobada polo 71% dos votos ( 96 a favor e 39 en branco) e está composta por:
- Jesús Salvador Fernández Moreda
- Alberto Piñeiro
- Natividad González Laso
- María López
- Julio Sacristán de Diego
- Ana Lamas Villar
- Ignaci o Borrego
- Isabel Ausina García
- Santiago Roura
- José Luís Armada
- Gonzalo Muíños
- José Varela Laya
- Pilar Paz Barreiro
- Eduardo Francisco Haz Gómez
- Rosana González Mariño
- Pablo García Vivanco
- Miguel Fernández Garea
- Ana Yakimenko Delascio
- Anabel Piñeiro Agulleiro
- Mónica Carneiro Cid
- José Rodríguez Bardanca
- José Francisco Doval Galán
- Zora Leis Barcia
- Jesús Campos
- Jesús Fuentes Castiñeira
- Lucía González García
- Yago de Ron Mosquera
- Eva Martínez Acón
- Miguel Núñez Ríos
- Antonia Álvarez Torres
- José Manuel Lage Tuñas
- Eudoxia Neira Fernández
- Iván Puentes Rivera
- José Luís Vergara Rey
- Catalina García Blanco
- Silvia Fraga Santos
- Xaime Méndez Rico
Os representantes do PSdeG na xestora de Oza-Cesuras, José Manuel Sanmartín e José Antonio Vaamonde, denunciaron hoxe a “ausencia total de información” sobre o proceso e a “falta de democracia interna” do novo órgano constituido hoxe, pois non se lles deu a palabra en ningún momento, nin poideron expresar a súas discrepancias.
Ante a ocultación sistemática de datos por parte do Goberno municipal, os socialistas decidiron facer públicos os Orzamentos municipais de 2013 na súa web para que os veciños coñezan por sí mesmos a realidade da situación económica do Concello
Afirma que a socialdemocracia “necesita construir un proyecto global, dirigido al corazón de los problemas, a la economía” e que teña a igualdade como eixe central